O Ribeiro

O Museo Etnolóxico acolle a presentación da revista cultural Mazarelos

O Ribeiro

CULTURA

O Museo Etnolóxico acolle a presentación da revista cultural Mazarelos

O acto terá lugar o próximo día 15 de febreiro, ás 20,00 horas.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia será o escenario para a presentación da revista Mazarelos, sobre historia e cultura. O acto terá lugar o próximo día 15 de febreiro, ás 20,00 horas.

Durante a presentación da revista intervirán Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela; Antonio Míguez Amil, técnico da Oficina municipal de Turismo de Ribadavia; Lucas Sánchez Taboada e Mateo Martínez Torres, editores de Mazarelos.

A entrada a este acto será libre e gratuíta para todas as persoas interesadas en coñecer esta publicación de historia e cultura, que se desenvolverá no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Más en O Ribeiro