UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Abre o camiño de «Nós» nesta xeira sobranceira de figuras escollidas a figura de Ramón Otero Pedrayo, evocada dende o maxín creador de artista que é Baldomero Moreiras, un dos nosos. «Nós», que foi unha Revista e un grupo de cultos e comprometidos amigos arredor dela, e dende a distancia dos anos é tamén o reflexo dunha época áurea na cultura de Ourense e Galicia.
Lámina de Ramón Otero Pedrayo.
É Baldomero un artista coetáneo noso, nado na vila de Celanova a finais de xaneiro de 1955 e que estudou o Bacharelato en Ourense no colexio Cardenal Cisneros. Déronlle clases, entre outros, os profesores Xosé Luís López Cid e Xaquín Lorenzo Fernández, os cales máis alá das materias impartidas, transmitíronlle uns saberes que fixeron del un discípulo das esencias do Otero novelista e escritor, e tamén do Otero profesor e vizoso conferenciante.
Así o quixo lembrar dende unha daquelas icónicas imaxes fotográficas tomadas nun dos momentos fecundos das súas intervencións públicas, no Ateneo ou no Orfeón, onde eu mesmo puiden velo de adolescente, quedándoseme gravados os seus xestos e voz na súa oronda e escura imaxe traxeada, co silencio da xente na ateigada sala e a devoción nos ollos. E non sería estraño que o negativo saíra dunha das cámaras de Enrique Reza Castro, o foto-periodista de La Región. Xesto e voz, excelencia humana, naqueles anos. Mans cheas que abrazan, e acompañan as verbas que convencen dende a luz coa que o artista indica que lle ven do alto. Un colaxe feito con cartolinas e unha escasa gama de cores coas que acada expresión e profundidade, dando coa dereita en dous movementos paralelos e sincopados, para recoller coa esquerda a rosada de humidade fértil espallada.
E deste xeito Moreiras Blanco amosa a súa mestría plástica concentrada nun momento fulcral do persoeiro das Letras e da Cultura galega, e aínda da política e a conciencia ética. Baldomero foi alumno da Escola de Artes e Oficios, e completou estudos en Madrid, onde se especializou en gravado. E xa de volta, e instalado en Castromao, nos arredores do prehistórico outeiro do gran castro, comeza a buscar o seu camiño artístico coa cerámica, e marcha para Roma, Italia, na procura dun salto de calidade e de apertura para o seu ollar curioso. Sensible co seu entorno natural, a vaga dos incendios tenlle quitado cadros e exposicións verdadeiramente notables, serie das “pinturas negras” sobre lona, máis a veta literaria dálle pulo dende “Merlin e familia” de Álvaro Cunqueiro, iniciando un acaído camiño coa pintura en vistosas esferas de policarbonato, até facer recentemente unha exposición de gran éxito dedicada á vindicación das mulleres, o “Eco das Amazonas”. Ten unha ampla faciana como ilustrador e cartelista, sendo algúns dos seus traballos para as festas do Corpus ou o OUFF 2020. O que aquí nos ocupa reflicte, ademais, compromiso e liberdade.
Los lectores de La Región que adquieran el periódico de mañana conseguirán el primer ejemplar de la colección de láminas dedicadas a los rostros más emblemáticos de Nós. Inicia esta serie la imagen de Ramón Otero Pedrayo por Baldomero Moreiras. Los homenajes a Risco, Castelao, Xocas, Ben Cho Shey, Losada Diéguez, Cabanillas, Cuevillas y Noguerol completan esta iniciativa que busca mostrar a la generación galleguista a ojos de artistas contemporáneos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
PRISIÓN PROVISIONAL SIN FIANZA
Detenida en Ourense por prostituir a su hija a cambio de dinero para droga
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
INFORME JURÍDICO
O Barco ya logró la relación de puestos de trabajo propia
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense