Ourense

Bieito Romero: “Os 365 días estaremos tocando na catedral, por gaiteiros non vai ser"

Ourense

Entrevista

Bieito Romero: “Os 365 días estaremos tocando na catedral, por gaiteiros non vai ser"

El líder de Luar na Lubre, Bieito Romero, y el presidente provincial, Manuel Baltar.
photo_cameraEl líder de Luar na Lubre, Bieito Romero, y el presidente provincial, Manuel Baltar.
Mañá comezará a homenaxe permanente ás vítimas da covid-19 desde a torre da Catedral de San Martiño

Mañá comezará a homenaxe permanente ás vítimas da covid-19 desde a torre da Catedral de San Martiño da cidade. O primeiro gaiteiro que fará soar o a melodía de "Ourense no solpor" será Bieito Romero, líder do grupo de música folk Luar na Lubre. Ás 11,30 horas da mañá, Romero iniciará esta tradición que se repetirá ao longo dos 365 días do ano. A Deputación, en colaboración co Obispado de Ourense e a Catedral, pensou neste recoñecemento a todas esas persoas que perderon a vida nesta pandemia, algo que enche de "emoción" a Romero por ser o primeiro.

Contento de ser o primeiro “Gaiteiro da Catedral"?

Para min é un honor que contasen conmigo para ser o primeiro dun bo número de gaiteiros que tocará na honra das vítimas da covid. É unha ilusión ó tempo que volto á miña terra, na que nacín pese a que vivo na Coruña. 

Que sexa na súa terra faino máis especial...

O feito de voltar e de reecontrarme cos meus ancentros sempre é moi importante. Se lle engadimos o sentido que cobra o acto, faino todo máis emocionante. Na miña familia, vencellada á provincia, están todos moi contentos porque serei o primeiro e ademais na nosa terra. 

E interpretando o himno dos ourensáns...

Xa o estou ensaiando porque era algo que non coñecía e realmente é unha peza moi bonita. Estou contento de ter a oportunidade de aprendela e poder tocala.

Cal é a súa opinión desta iniciativa pioneira?

Calquera recoñecemento nestes tempos que estamos a vivir, é algo positivo. Hai que entendelo dende a perspectiva da traxedia, pero tamén como recordo a toda esa xente que nos deixou en todo o mundo. Peréceme algo fantástico e máis cos gatieiros, algo que son da nosa terra e máis de Ourense. É unha decisión totalmente coherente  que une un espazo representativo como é a Catedral de Ourense cun instrumento do medievo, relacionado co propio templo. Creo que será unha bonita homenxe que perdurará ao longo do tempo.

É tamén unha reivindicación do folclore galego?

Únese a nosa música representiva, cun instrumento que é o noso símbolo e cunha das catedrais máis antigas de Galicia, onde os gaiteiros están representados no seu interior. Deste xeito dáselle valor monumental a Ourense coa nosa música, coa gaita e nun lugar ten emblemático. Está todo enraízado, o raro sería facelo doutro xeito.

Os gaiteiros non van fallarlle a esta cita.

Somos a terra con máis gaiteiros por metro cadrado. Por unha causa destas características ninguén se vai botar para atrás. Os 365 días estaremos no alto da torre, por gaiteiros non vai ser, e seguramente dé que falar. Cousas similares xa se facían hai anos en Galicia e está ben recuperar algunha das tradicións de tempos pasados.



“Pone nome a esta tradición"

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, agradeceu a Bieto Romero que aceptase ser o primeiro "Gaiteiro da Catedral": "Pon o seu nome ao que se convertirá nunha tradición para a historia da provincia e dos pobos do mundo". A elección da melodía de "Ourense no solpor" de Manuel de Dios, himno de todos os ourensáns,  é un símbolo máis que se une ao recoñecemento a todas as vítimas da covid-19: "Non existe mellor peza musical  para representar  o afecto da nosa terra con todos aqueles lugares onde chegaron as nosas xentes, traballadoras, creativas e emigrantes", recalcou Baltar. Os dous minutos que durará a interpretación dará lugar a unha "obra de arte chea de fraternidade".  Tras o paso de Romero, outros gaiteiros subiránse á torre da catedral  os 365 días do ano.