Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
O Campus de Ourense abrirá o curso 2023-2024 (que arrancará o luns 11 de setembro para toda a ensinanza galega) con prazas vacantes en sete dos seus 19 graos: Dobre grao en Turismo e Xeografía e Historia, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñaría Agraria, Traballo Social, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais e Turismo. O sexto período de chamamento de matrícula, que se abre de hoxe ao 4 de setembro, prazo no que os convocados poden formalizar a súa matrícula. Esta situación non é unha novidade no Campus, que o ano pasado xa comezou o curso con prazas libres en cinco titulacións: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Enxeñaría Agraria, Turismo e a dobre titulación de Turismo e Xeografía e Historia. As cinco repiten este ano, e súmaselles ADE e Traballo Social.
Analizando os graos que non logran completar todas as prazas ofertadas, continúa afondándose a crise en Turismo, xa que nin o grao nin o dobre grao logran o cheo. O sector foi un dos máis afectados pola crise do covid e ademais, dende o curso 21-22 Ourense xa non ten a exclusividade dun grao que nunca tivera problemas de matrícula.
A UDC imparte esta mesma titulación, que ata hai tres cursos se impartía nunha facultade privada, pasando a competir con Ourense. Como novidades, ADE é unha titulación que se oferta en todos os Campus galegos excepto Pontevedra e Ferrol e tampouco está completa no de Lugo. Por último, Traballo Social tamén é a primeira vez que queda sen cubrir todas as prazas. No resto de casos, son todas titulacións da facultade de Ciencias as que dispoñen de vacantes para este último chamamento de matrícula. Con todo, abriranse varios períodos de matrícula ata completar as vacantes de aquí ao 11 de outubro, cando se publicará a última listaxe de vacantes.
Neste sexto prazo de matrícula, a UVigo logrou completar tres titulacións máis, todas no Campus de Vigo: Educación Infantil (5,026), Educación Primaria (5,580) e Enfermería en Povisa (10,582). En Vigo comezarán o curso con 12 graos sen completar e tres de doce ofertadas no Campus de Pontevedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas