MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
ACTO NO INSTITUTO
Vestidos de gala, os integrantes da coral De Ruada recibiron onte o Premio Ramón Otero Pedrayo 2024 no paraninfo do IES que leva o nome do insigne galeguista. “Non se trata só dunha agrupación folclórica, senón que é unha institución galeguista e auspiciada pola Xeración Nós”. Así foi como o xurado se referiu á institución no fallo deste recoñecemento.
Foi en outubro cando se soubo que a coral era a elixida para recibir este ano un dos galardóns máis importantes da cultura galega. Naquel momento a súa presidenta, Fátima Malingre, celebraba con orgullo a noticia e recoñecía a este xornal que “os pillara un pouco por sorpresa”, xa que non esperaban que puidesen estar nomeados a este premio. Neste senso, onte Malingre recolleu o galardón emocionada, lembrando aos integrantes da súa agrupación, con especial alusión aos que xa non están e tamén ás novas xeracións. “Representamos a unha Galicia viva, orgullosa e con voz propia”, destacou.
Tanto para o xurado como para a Xunta e a Deputación de Ourense, ao longo da súa traxectoria -106 anos-, a Coral de Ruada ten feito méritos máis ca suficientes, na súa teima pola defensa e difusión da cultura galega.
Na entrega do Premio Otero Pedrayo estivo tamén o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen destacou o traballo da Coral De Ruada “a prol de recuperar e manter a memoria musical galega”. A celebración rematou, como non podía ser doutro xeito, coa actuación da Coral De Ruada que agasallou aos presentes con dúas pezas especiais: “Os teus ollos” e “Negra sombra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
FUSIÓN EN O RIBEIRO
La fusión con Carballeda agita el pleno municipal de Ribadavia
La Región
Viabilidad municipal
MINISTERIO DE CIENCIA
José Antonio Sobrino, Premio Nacional de Investigación 2026
"VINDE TODAS"
El De Perto llenó O Malecón con “Dous ollos de vidro”