LAS PROTESTAS DAN SUS FRUTOS
A Gudiña recuperará su tren matutino a inicios de este año
Entrevista
José Flores asumiu o cargo de xerente do Servicio Galego de Saúde (Sergas) o pasado setembro, ás portas do inicio da segunda vaga do coronavirus. A súa experiencia previa ao frente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dende o ano 2018 xoga ao seu favor, pero Flores recorda a imprevisibilidade do virus: "Estamos a falar dun accidente de multiples vítimas por causa biolóxica, pero que se estende moito no tempo, non sabemos ata cando". O doutor, especialista en Medicina de Familia, é claro: a chegada inmente da vacina é unha boa nova, pero aínda é moi cedo para falar da volta á normalidade.
Pese á mellora xeral, hai novos brotes importantes na comunidade, como en Sarreaus.
Vemos unha tendencia estabilizadora, é dicir, podemos empezar a relaxar unha serie de medidas porque vemos que a situación está mellor pero en calquera momento se pode desestabilizar, pois si, como o tema de Sarreaus, que nos obrigou a facer un cribado rapidamente.
O valor dos datos diarios é efímero...
Por iso revisamos os datos de xeito diario. Ás veces a tendencia que vemos tamén nos indica o que vai ocorrer dentro de sete, dez ou quince días, o que explica que ás veces se tomen medidas aínda que os datos, nese momento, non sexan tan malos.
De cara a terceira vaga, é clave o comportamento da poboación.
É moi difícil que se poida garantir que non teñamos a terceira vaga, que xa está aí, ameazante. Temos que aprender a comportarnos fóra e dentro da casa, que se temos invitados sexan os menos posibles, que haxa mascarilla, distancia, medidas... Canta menos interacción, menor capacidade de difusión.
Se en marzo todos os sistemas ían detrás do virus, agora van por diante?
Esa é a sensación que temos. En marzo a forma de comportarse deste virus sorprendeu ao mundo. Nunca chegaramos a esta situación. En ningún momento ninguén se plantexou que foramos a chegar a este punto. Agora coñecemos moitas máis cousas. Loxicamente cando chegou falabamos de improvisación pero o propio virus nos facía improvisar. Nesta segunda onda, que non se sabe se vai acabar de todo ou vai manterse nuns mínimos durante un tempo máis, xa o fixemos de forma moito máis madura, coñecemos moitas máis cousas.
Cre que a pandemia mostrou as debilidades ou as fortalezas do sistema galego?
Eu defendo que o sistema noso, pero en xeral todos, é potente. Ningún sistema, de ter tantas debilidades como algunha xente se empeñou en dicir, podería terse adaptado de forma tan rápido a convivir co virus, aínda que houbera certas dificultades.
Pero había falta de persoal, as listas de contratación quedáronse curtas nalgunhas especialidades.
Nas listas si que é verdade que xa dende fai anos temos deficiencia, sobre todo nas de médicos de familia. Pero máis que unha debilidade, ante esta situación é lóxico que os medios que tes no día a día non sexan os que vas necesitar, por iso probablemente se excedeu a capacidade das listas de profesionais de Galicia que tiñamos para reforzar o sistema.
A consulta telefónica en Atención Primaria aínda non convence a moitos pacientes.
Este é un momento diferente, na vida en xeral de todo o mundo, e por tanto a sanidade tamén ten que adaptarse e ser diferente, non digo nin mellor nin peor. Xa levabamos dende 2013 coa experiencia telefónica e agora si, chegou para quedarse. Tamén temos que recalcar que despois da primeira consulta telemática, se é preciso, faise outra presencial. Pero si, é dificil que a poboación sobre todo maior se afaga a este tipo de consulta.
As cifras de mortes en residencias de maiores son moi altas. Nesta segunda vaga só houbo dúas residencias integradas, en Vigo e Santiago, pero en Ourense non.
Inicialmente puxeronse centros integradas a disposición de todas as residencias galegas para conter a propagación do virus. Nesta segunda vaga estamos moi implicados na vixiancia destes temas: moitas veces nas residencias hai un circuito covid, e con iso xa somos capaces de cortar a propagación sen trasladar os positivos. En Ourense, dado que estivo tan mal, valorouse a posibilidade de volver poñer centros integrados, aínda que tiveron moitos positivos, o control era moi bo e moitas veces os residentes prefiren seguir na súa casa, ademais polo normal son persoas que apenas teñen clínica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LAS PROTESTAS DAN SUS FRUTOS
A Gudiña recuperará su tren matutino a inicios de este año
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
LA MÁS POBRE DE GALICIA
Cae la pobreza en Ourense, pero aún castiga a uno de cada cinco hogares
Lo último
PARQUE DE ATRACCIÓNS
Compromiso coa accesibilidade e a inclusión no parque galego Pazolandia
"FORO DE REFLEXIÓN"
El título de Patrimonio de la Humanidad a la Ribeira Sacra, prioridades del 2026