Ordiá! No 12 de Outubro tamén fan un Carrabouxo para os maios
Festa dos Maios
O persoeiro humorístico cumpre 40 anos de sátira diaria en La Región. Os rapaces deste instituto da cidade recortaron as viñetas para exhibir un maio creativo o próximo domingo
Ao Carrabouxo sóbranlle admiradores. Os voluntarios da asociación xuvenil Amencer están elaborando un maio artístico do mítico persoeiro que lle canta as corenta a máis de un nas viñetas diarias de La Región. É prácticamente do mesmo tamaño da escultura que loce no San Lázaro. Pois saíulles competencia. O alumnado do IES 12 de Outubro, un dos centros máis participativos na festa da benvida a primavera, tamén se fixa no carismático Carrabouxo. Iso si, cun maio máis moderno: neste non hai musgo nin elementos naturais, hai recortes dos debuxos que o humorista Xosé Lois González publica neste xornal dende hai 40 anos.
“Facémolo tódolos anos, é moi guai e divertido o momento de elaborar os maios e as coplas cos profesores”, conta Sofía, de 2º da ESO, nun descanso do intenso traballo no que participa toda a clase. Fan outro maio a maiores para saír a rúa o próximo domingo, este máis enxebre, cuberto de musgo.
“Tódolos anos participamos. Este é o meu segundo, porque o ano pasado cheguei ao instituto. Temos sacos de patacas, logo poñemos o musgo e decoramos con xestas e carrabouxos”, explica Lúa, outra alumna, mentres as compañeiras lle dan o relevo colocando as xestas no outro maio. A clase de galego non está na aula: está no patio grazas aos maios que fomentan a creatividade da rapazada. Confírmao a profesora, Chus: “Esta festa significa a non perda, o fomento dunha tradición popular e un factor de identidade que debe pervivir nos rapaces”. Nunca ten problema para atopar voluntarios: a mellor proba é que non cabe nin un rapaz máis no recuncho no que están elaborando os maios.
Aprendendo a rimar
Tómanse tan en serio esta tradición que levan máis dun mes preparando coplas, o outro sinal de identidade da Festa dos Maios. Son rimas cantadas polos nenos que, normalmente, critican a actualidade da cidade. “Son críticas aos políticos, por exemplo”, adiantan os estudantes. Facelas na clase de galego estimula a súa creatividade: “Aprendemos a rimar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECUPERACIÓN DEL RURAL GALLEGO
El ganado vuelve a los montes quemados: Galicia abre el pastoreo en zonas afectadas por los incendios de verano
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión arde en la N-541 en Boborás y obliga a cortar el tráfico