Félix Rubial

“De momento os datos dos test son teimudos: a incidencia do virus é inferior ao 1%"

10.68.100.136-archive-2019-07-26-mg_1402
photo_camera Félix Rubial, xerente da área sanitaria ourensá.
Xerente da área sanitaria de Ourense, Valdeorras e Verín

A epidemia do coronavirus leva afectado na provincia, segundo as cifras oficiais, a preto de 1.800 persoas. Case dous meses despois do primeiro caso, rexistrado o pasado 8 de marzo, aínda queda moito camiño por andar. "Optimista, pero moi prudente", resume o xerente doa área sanitaria de Ourense, Valdeorras e Verín, Félix Rubial. Ata o momento, o estudo da seroprevalencia do COVID-19 na provincia amosa menos dun 1% entre a poboación cribada, pero falta coñecer a fotografía completa.

Os test amosan unha prevalencia moi baixa, certas voces plantexan se carecen de fiabilidade.
Os test teñen unha sensibilidade do 80% e son moi fiables. A fiabilidade consíguese a expensas de facer moitas probas. Se lle fas a proba a 100.000 persoas, que é o que imos facer, consegues unha foto o máis detallada posible, non necesitas unha sensibilidade do 100% para iso, que tampouco existe nestes momentos. Nin a PCR ten unha sensibilidade do 100%, da falsos negativos tamén. 

Hai que ser prudentes?
Os datos son bastante teimudos, de momento nos están dando cifras inferiores ao 1% na incidencia da enfermidade. Certo é que isto pode estar sesgado, porque nestes momentos temos feitos aqueles centros de saúde máis pequenos, seguramente máis illados, con poboación máis envellecida, con menos contacto e menos interacción social. E é nos grandes onde seguimos e seguiremos facendo grandes volúmenes de cribado. Pero aparentemente as cifras non se van mover, non van a oscilar nin se van a multiplicar nin por cinco nin por dez, de ningún xeito.

Preocupa a pouca inmunidade da poboación ourensá?
Evidentemente nun virus para o que non temos nin vacina nin tratamento farmacolóxico específico ter unha inmunidade de rebaño tan baixa non é unha boa noticia. Pero si é certo que pasado esta primeira etapa, lóxicamente o que temos é un período máis ou menos longo ata que volva unha posible onda epidémica, se é que o virus non muta ou desaparece, que tamén pode ocurrir. Temos un período para prepararnos, adaptarnos, organizar os nosos recursos, para organizar os nosos servizos. Evidentemente dentro da prudencia, hai determinados aspectos que nos invitan a contemplar esta situación con menores incertidumes que cando tivemos que afrontar o primeiro embate, entre outras cousas porque tamén se irán publicando novas investigacións, novos fármacos...

"Os test teñen unha sensibilidade do 80% e son moi fiables".

 "Non é unha boa noticia ter unha inmunidade de rebaño tan baixa. Pero   pasada esta primeira etapa temos un período para prepararnos, adaptarnos, organizarnos". 

 "Son moi prudente, pero optimista"

O seguimento sanitario será clave para a evolución da desescalada da provincia. Xa se coñece como se levará a cabo?
Estamos en fase de análise e de adaptación a nivel central, especificamente, e en colaboración coas áreas sanitarias e con expertos. Está a valorarse o escenario que se nos presenta para intentar buscar entre todos as medidas que imos poñer en marcha en función das características das áreas sanitarias. 

É moi diversa a realidade de Ourense á Valdeorras ou Verín?
Non son necesariamente distintas, nin o poderemos saber ata que non teñamos unha fotografía clara da seroprevalencia na poboación. Pero nós, sendo unha provincia con distritos diferentes, e con recursos sanitarios distintos, tamén hai determinados recursos que son únicos, coma a unidade de críticos, que só temos unha no CHUO. Hai determinados elementos que hai que ter en conta, que non teñen que ver necesariamente coa sanidade, senon ca circulación das propias persoas, as vías de potencial trasmisión da enfermidade. Pero repito, aquí teremos un enorme fonte de información, os estudos seroepidemiolóxicos, tanto o da Xunta coma o do Estado.

É posible comparar Lugo e Ourense? Ambas son provincias envellecidas, pero en Lugo o número de casos é menos da metade.
É certo que Lugo e Ourense teñen estruturas demográficas parecidas, a nosa poboación está un pouco máis envellecida pero non hai grandes diferencias. Nunha enfermidade coma esta, na que se sabe que afecta con máis gravidade e en maior número as persoas maiores, loxicamente en territorios envellecidos vai ter unha incidencia e unha letalidade maior. Pero aquí hai moitos elementos que xogan, e que haberá que telos en conta con moita serenidade, con tempo, escoitando as voces dos técnicos. Hai quen opina que hai un elemento centrípeto da enfermidade, centrípeto dende Madrid e dende Cataluña, e que se foi estendendo dende alí. Son versións, e seguramente para unha situación tan complexa non poidamos buscar unha única solución nin unha única causa. 

Aínda non se rematou o primeiro cribado pero, a provincia pode ser optimista?
Eu son necesariamente optimista, moi prudente, pero necesariamente optimista. Vivimos unha situación moi dura fronte a algo descoñecido, e cada día que pasa coñecemos máis cousas de como se comporta o virus e por tanto temos máis experiencia acumulada para enfrontarnos a el con maiores garantías. Pero ollo, é un virus fronte ao que non temos tratamento específico nin hai vacina, non podemos estar tranquilos. Temos que estar moi concienciados de que mentres iso non se produza, e sobre todo, mentres non exista unha vacina, teremos que manter toda unha serie de medidas que nos van recomendar as autoridades sanitarias en calquera dos nosos ámbitos. Debemos estar atentos precozmente a calquera brote en calquera sitio, e teremos que estar moi atentos. O sistema sanitario, pero en colaboración co tecido social.

Manter a distancia social, máscaras...
Teremos que respetar enormemente unha serie de medidas desta nova normalidade, esa é a cruda realidade que nos vén por diante, pero temos unha experiencia acumulada. A hixiene de mans é unha medidas básica pero extraordinariamente importante. Ás veces pretendemos buscar solucións en medidas moi complexas, cando as que mellor funcionan son as medidas de precaución universais.

Te puede interesar