Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
O Samaín será moito máis que unha festa terrorífica en Barbadás, onde xa está todo preparado para gozar duns días de moito divertimento. Co fin de dinamizar o sector comercial e a hostalería, o Concello de Barbadás, a través da Concellería de Comercio, que dirixe Marga Pérez, organizou a campaña “Truco ou trato”.
Un total de 20 establecementos da Valenzá sumáronse a esta iniciativa dirixida aos máis pequenos. Os interesados en participar poderán recoller o seu mapa coa ruta no espazo infantil da Solaina ou na biblioteca municipal.
A actividade comezará o martes 31 de outubro ás 18,00 horas e os comerciantes repartirán doces e chuces aos nenos que participen e os visiten ata as 19,30 horas. Para participar hai que ir disfrazado e todos os cativos deberán ir acompañados dun adulto.
Tamén o martes, ao finalizar a campaña “Truco-trato” comezará unha ruta terrorífica pola Valenzá Vella e haberá baile. Aquelas persoas que se sumen á actividade disfrazadas poderán degustar un bolo preñado cos que os agasallará o Concello.
A concelleira de Comercio, Marga Pérez, asegura que con este programa de Samaín preténdese “involucrar a toda á familia, o mesmo tempo que se dinamiza o sector do comercio e a hostalería”.
A programación elaborada polo Concello con motivo do Samaín contará cunha serie de obradoiros – de decoración terrorífica, de cociña temática, de decoración de cabazas- para deixar voar a imaxinación e a creatividade. As prazas son limitadas e deben ser reservadas previamente no correo electrónico espazoinfantil@barbadas.gal.
O Samaín para os máis pequenos comezará xa este xoves, 26 de outubro, cun obradoiro de decoración terrorífica, a partir das 16,00 horas no espazo infantil da Solaina. Mañá venres, 27 de outubro, ofrecerase un obradoiro de cociña que terá prazas limitadas, polo que os interesados en participar deberán inscribirse antes.
Xa o luns, 30 de outubro, tamén no espazo infantil, ofrecerase un obradoiro de cabazas a partir das 16,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas