MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
XORNADAS DE FOLCLORE
As noites de verán nas vilas ourensás continúan a estar cheas de cor por mor das actuacións das seis agrupacións folclóricas que forman parte dunha nova edición das Xornadas de Folclore. A vistosidade dos traxes, as danzas e os ritmo fan as delicias do respectable que goza co resultado de anos de intenso traballo para a recuperación do folclore tradicional que os respectivos grupos levan a cabo nos seus países.
Onte pola noite foi a quenda de Trives e O Carballiño. No caso da vila do Arenteiro, mocidade e maiores desfrutaron coas danzas e ritmos de Panamá, Senegal e México a través da actuación dos grupos Academia Andrés Valiente, Danza y Proyecciones Folkóricas, Ballet Jammu e o Ballet Folk Instituto Tecnológico de Celaya. Ao redor do escenario, situado na Praza Maior, agolparónse decenas de asistentes que se deixaron levar pola fastosidade dos traxes e por unha variedade musical electrizante.
En Trives, o espectáculo na Rúa de San Martín chegou da man do grupo composto pola Fundación Ballet Folclórico de Nobsa Colombia, Yuan Yuan Dance Group de Taiwán e Kud Skrem de Serbia. Este último foi un dos que máis chamou a atención do público polo alto nivel da coreografía do grupo liderado por un dos maiores expertos nesta arte como é Branko Puric.
QUENDA DE HOXE
Estas xornadas, organizadas pola Deputación de Ourense, chegan hoxe a Xinzo de Limia e Castro Caldelas. A localidade limiá acollerá un pequeno desfile que partirá, ás 20,00 horas, dende o Toural ata a Praza Maior para comezar o Festival ás 20,30 horas cos grupos de Colombia, Taiwán e Serbia.
A Praza de Prado de Castro Caldelas acollerá o segundo festival da noite, ao redor das 22,30 horas coas agrupacións procedentes de Panamá, Senegal e México.
Co comezo da semana, as Xornadas de Folclore desprazaranse ata Bande e Manzaneda. O martes chegará o turno para a cidade e o fin de festa chegará o martes en Ribadavia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña