A Olimpíada química conta cunha trintena de ourensáns

Imagen de archivo sobre química
photo_camera Imagen de archivo sobre química
Talento ourensán na Olimpíada química

Preto dunha trintena de alumnos ourensáns de oito centros educativos de Ourense participaron onte nas probas da XL edición da Olimpiada Galega de Química, que se celebrou na facultade de Ciencias do Campus de Ourense da UVigo, ademáis de en A Coruña, Lugo, Santiago e Vigo. Os 27 mozos ourensáns están repartidos entre o IES Otero Pedrayo, IES Eduardo Blanco Amor, IES Julio Prieto Nespereira, IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras, IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia e IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

A proba á que se someteron, que comezou ás 16,30 horas, tiña dúas partes: a resolución de preguntas tipo test e a resolución de dous problemas e un suposto de laboratorio.  Segundo Juan Sanmartín, vicepresidente da asociación e coordinador da proba, estas probas renden homenaxe á profesora María Inmaculada Paz Andrade, unha recoñecida química que conta, entre outros recoñecementos, coa Medalla Castelao. Así, a Olimpiada pretende fomentar vocacións e desenvolver o espírito emprendedor entre os máis mozos.

Os alumnos clasificados nos tres primeiros postos por cada un dos distritos universitarios (A Coruña, Santiago e Vigo) recibirán un galardón e diploma acreditativo. Ademais, os mellores participarán na Olimpiada Nacional de Química que se celebrará en Valencia en abril.

Te puede interesar