Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Non foi sen tempo que se lle dedicara o Día das Letras Galegas a quen o inventou; é dicir que hoxe se conmemora, ou sexa, que se fai común memoria, da vida e máis da obra de Francisco Fernández del Riego e con el da de todos os pseudónimos que utilizou ó longo da súa longa existencia vivida cunha arela que lla ocupou por enteiro. Miles e miles de artigos publicados nos xornais galegos. Miles de páxinas de ensaios, dicionarios, antoloxías de toda índole… conforman ó seu labor e a súa dedicación a unha lingua e a un país como poucos exemplos máis poden ser (se é que hai algúns) parangonables co seu. Por ende foi o home que, co seu traballo, fixo que Galaxia fose algo máis ca unha editorial ata convertela no símbolo dunha xeneración da que el mesmo formou parte.
É certo que Gómez Román e máis Ferro Couselo participaron na creación do Día das Letras Galegas. Tamén o é que, na creación de Galaxia, participaron outras xentes movidas polo mesmo amor ca el. Ramón Piñeiro ou Xaime Isla forman parte de esa equipa de nomes senlleiros que lle deron un sentido a este país en tempos de desolación; uns tempos nos que non conviña facer mudanza aínda que as circunstancias entón vividas así o reclamasen. A vida no “interior” tiña certas complicacións das que carecía a levada no “exterior”. Ningunha era doada, certo, porén a vida nunha ditadura tiña tantos servidumes que non sería bo que foran esquecidos. A emigración e o exilio non foron prato de gusto. A dixestión da realidade no seo desa ditadura aínda reclaman hoxe o valor e a integridade que lles corresponde.
Non é mentira que ese labor ó que nos estamos a referir, o levado a cabo por Paco del Riego, foi secundando entre outros por Adrián Solovio, Cosme Barreiros, Salvador Lorenzana, Ronsel, Adrián Soutelo ou o do mesmo Alevin, pseudónimos todos eles baixo os que se agachaba a inmensa dedicación de Don Paco, que era como a máis da xente se refería a el cada vez que xurdía o seu nome no medio dunha conversa. Foi a súa unha dedicación que non decaeu nunca, mesmo despois do seu desprázamento de Galaxia e o abeiro que significaron a Fundación Penzol ou Artes Gráficas Galicia.
Xa se sabe que destas cousas é millor non falar -as veces non se sabe moi ben por que- pero as cousas non sempre son como son, como nos parecen ser, senón que a chamada lei de vida nos empuxa indefectiblemente a ela tal e como lle aconteceu a home tan significado como foi e aínda é e tamén é de esperar que o siga a ser Don Paco del Riego.
Disque o tempo pon todo no seu sitio aínda que non sempre suceda así senón todo o contrario. Logo dalgunhas conmemoracións de nomes sen excesiva relevancia no común eido da cultura galega, a deste ano, concretada neste día das súas letras no nome certo de Don Francisco Fernández del Riego e máis nos seus tantos falsos nomes, nos seus tantos pseudónimos, debidamente sumados todos eles, quede establecido un fulcro central, un punto de equilibrio que lle restitúan ó noso común acervo literario o nivel que, a dedicación e o inxente traballo levado a cabo por Paco del Riego, en verdade lle corresponden.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último