Unha "despedida" como presentación da carreira musical da exfinalista de OT2018, Sabela Ramil
Música
A artista mostra as súas credenciais cun tema sombrío que xera ansia por as sensacións co disco completo que se publicará o 29 de novembro
Lonxe do alumeado (artificial ou real) doutros compañeiros da edición de 2018 de OT e que comezaron a súa traxectoria con temas e colaboracións, o nacemento da carreira de Sabela Ramil fíxose agardar, como case todo o bo da vida.
"Despedida", nos seus apenas dous minutos de duración é un tema sombrío, turbio nalgúns tramos, pero cunha forza que medra a medida que transcurren os segundos, e rematan por producir arrepíos a través das verbas en galego dunha muller que disputou a final desa edición presumindo de galeguidade obtenido un excelente cuarto lugar. Un crecemento musical paralelo o que a artista galega mostrou nas semanas que durou OT, confirmando que o seu rexistro musical ía moito máis lonxe das cancións de "pop" sinxelo ás que a parecían encasillar os profesores da academía e que a levaron a ser nominada en varias ocasións (sen éxito).
Sabela Ramil, na súa presentación con "despedida" (unha fermosa contrariedade que mesmo poderiamos asociar ó estereotipo galego), mostra elegancia no tono musical, cunha letra sinxela (quizá en demasía) e pegadiza, que elaborou co artista portugués Diogo Piçarra e no que un pode recoñecer influencias de moitos grupos da escena indie, aínda que deixa un regusto que fai dubidar sobre a continuidade desta liña.
Agora, a menos dunha semana da publicación do seu primeiro traballo, resta coñecer se o álbum completo continuará o fermoso e intimista camiño marcado por este tema inicial ou terá unha dispersión en rexistros diferentes (propios de artistas debutantes) á búsqueda do seu son. O aperitivo é prometedor, o resto dun menú que estará en todas as plataformas dixitais e formato físico a partir do 29 de novembro, xera expectación.
Tracklist:
Despedida
El Paso
Sin Tu Amor
Nai
Dame Una Señal
Mi Reina
Nazco Yo
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador