Día das Letras Galegas

Biografía Florencio Delgado | Comprometido con Galicia

Florencio Delgado Gurriarán.
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán.
A traxectoria persoal de Florencio Delgado é a dun home que cantou á terra galega desde o exilio

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en 1903 en Córgomo, no Concello de Vilamartín de Valdeorras. O pai de Florencio era perito agrónomo e obrigou a familia a continuos traslados: Ourense, Palencia e Valladolid. Foi aquí onde comezou os seus estudos universitarios de dereito e onde comezou a ler o xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. 

En 1928 retorna a Valdeorras, cando seu pai asentara na Coruña. Nesta etapa, Florencio Delgado comeza a súa obra poética que se verá reflexada en xornais como Heraldo de Galicia ou A Nosa Terra.

Naquela época botou a andar a Irmandade Galeguista Valdeorresa, da que Florencio formaba parte. No ano 1930 comezaría a celebrarse en Valdeorras a “Diada de Galiza”, como festexo nacionalista, e editaron un manifesto en defensa da lingua. A Irmandade Galeguista Valdeorresa, mantén un contacto directo co nacionalismo ourensán e Otero Pedrayo.

No ano, o autor xa tiña escrito poemas de interese sociolingüístico e político, mais algún traballo en prosa que criticaba a política caciquil e centralista, e na que defendía “unha Confederación Ibérica dentro da Confederación Europea”. Logo dun ano en Madrid para preparar as nunca consumadas oposicións, retorna a Valdeorras tralo que se afilia ao Partido Galeguista.

En 1934, Florencio coñece a Castelao en Ourense, nunha asamblea do Partido Galeguista e tamén este ano chega o seu primeiro éxito literario coa publicación da súa escolma de poesías “Bebedeira”, editado por Nós, con portada de Castro Arines, discípulo de Castelao e galeguista. Unha obra cun ritmo e unha rima especial, chea de musicalidade e moi sensual, coa que tivo unha notable acollida da crítica. 

Exilio

O inicio da guerra civil e as súas previsibles consecuencias aconsellaron que Florencio saira do pais. En outubro de 1936 puido pasar A Raia por Tourém e despois de diferentes escalas chegou a Barcelona onde se alista no exército onde alcanzou o grado de tenent e onde coñece a Guerra da Cal e a Líster, e se reencontra con Castelao, Santiago Álvarez e outros valdeorreses. Nesta época colabora en Nueva Galicia con poemas de combate, baixo o pseudónimo Nadel, que en alemán significa “agulla”. Entre outros poucos galegos, Florencio pasou a Francia en 1939 con pasaporte republicano e desde alí subiu no Ipanema, barco onde moitos galegos puideron recalar en Veracruz.

Xa en México, Florencio mantivo unha intensa labor política e tamén poética (o emprego de verbas da lingua «náhuatl» en diálogo co galego, o que el denominaría poesía “crioula” ou poemas mexicanos). En 1943, participou na obra colectiva “Cancioneiro de loita galega” que honraba os galeguistas asasinados pola barbarie franquista. En 1946, Florencia gaña, xunto a Luís Tobío e Plácido R. Castro, un concurso de traducións de poemas ingleses e franceses ao galego, organizado pola Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires.

En 1944 casou  con Celia, filla de emigrantes galegos.

A primeira publicación de Florencio Delgado en Galicia tralo exilio  foi o poema “Bocarribeira valdeorresa”, en 1948, na revista Peña Trevinca-Montañeros de Galicia. 

Foi nestes tempos cando comeza a pensar no retorno ao país. Nos años 1968, 1976 e 1981 voltou a Valdeorras para ver a súa familia (1968) e tamén para coñecer de primeira man como estaba o páis tralo franquismo e para contemplar a publicación compilada dos seus poemas de loita e combate. Foi nomeado académico correspondente na RAG, pregoeiro na capital valdeorresa e membro de mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses. En 1981 publicou “Cantarenas”  e “O soño do guieiro” (1986), derradeira obra deste poeta valdeorrés. Faleceu en Fair Oaks (California) o 14 e maio de 1987.

Fundador do Padroado da Cultura Galega

Según comenta o historiador Ricardo Gurriarán no texto biográfico publicado na Real Academia Galega, nos anos cincuenta puxo en marcha o Padroado da Cultura Galega (1953). Unha entidade que xorde “co gallo d-afincar a irmandade dos galegos”, e berce da revista Vieiros (1959), exemplo de edición, codirixida por FDG, entre outras iniciativas literarias e radiofónicas.  En Guadalajara dirixe unha segunda andaina da revista Saudade e ten contacto directo cos galegos da capital.

Te puede interesar