Controlado un lume forestal, en Lardeira

Desde as 6.29 h desta madrugada está controlado un lume rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Lardeira, que se iniciou ás 22:40 horas de onte, segundo fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, que se confirmarán tras o parametrizado, afectou unha superficie de 45 hectáreas de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 4 axentes forestais, 10 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Te puede interesar