ENTREVISTA

María González: "Se houbera máis Lores mellor nos iría a todos"

dsc02405_result
photo_camera María González Albert.

A candidata do BNG na Rúa, María González Albert, estudou xornalismo, foi concelleira en Ourense e agora compaxina a campaña co seu obradoiro de repostería creativa.

A candidata do BNG na Rúa, María González Albert, estudou xornalismo, foi concelleira en Ourense e agora compaxina a campaña co seu obradoiro de repostería creativa.

Churchill dixo: "O xornalismo pode levarte moi lonxe sempre que o deixes a tempo". Fíxolle caso.

No plano particular si. O xornalismo é unha profesión fundamental pero no meu caso non servíu.

Foi pioneira no estudo do xornalismo cando case non tiñamos Internet. Ahora adícase á repostería. Somos tan larpeiros ou é unha visionaria?

O da pastelería creativa foi case por casualidade. Pasei unha época maliña, aburríame moito na casa e empecei a facer cousas para nós. Como no xornalismo, semella que unha escolle casualidades.

Cando era concelleira en Ourense considerábana 'valor en alza' do BNG e marchou. Pensouse que xa tiña máis pasado que futuro pero na Rúa volveu á lea política...

A verdade é que cando marchei de Ourense estaba moi queimada e pensei que nunca ía volver á política institucional, pero ao final tes esa pulsión. Gústache e acabas volvendo porque ves cousas nas que podes colaborar.

Cre, como di Xavier Vence, que en Ourense hai medo a ir nunha lista distinta á do PP?

Non diría medo, pero si é certo que segue habendo presións. Resúltame sorprendente que no 2015 aínda haxa ameazas veladas. É lamentable, pero ao final hai xente valente que non ten medo.

Cre que lle falta doce á política?

Á política fáltalle volver a poñerse en contacto coa xente. A teoría de que todos os políticos son iguais fixo moito dano e só serve para que sigan gobernando os mesmos.

Que político lle parece máis doce e cal máis amargo?

A mín gústame moito Lores e o que fixo por Pontevedra. Se houbera máis Lores na política mellor nos iría. Amargo non sabería, pero polo que me toca direi Avelino García Ferradal, o noso alcalde.

Que cociña mal o BNG para que as enquisas advirtan de que perde moitos folgos e apoios?

O BNG está pagando o desprestixio da política e os seus problemas internos. Na esquerda temos o costume de pelexarnos entre nós en vez de preocuparnos do destrozo do PP. Cando gobernas perdes a virxinidade, que agora teñen as plataformas cidadáns, pero todo se cura co tempo.

Dígame un titular para o 24-M.

O PP perde a maioría absoluta e volvemos a ter un goberno de esquerdas na Rúa que non faga políticas caciquís.

Te puede interesar