Localizado en perfecto estado o senderista desaparecido en Trevinca

O Equipo de Montaña da Guardia Civil localizou ás 00.10 horas deste martes en perfecto estado o senderista que desapareceu o luns no monte de Pena Trevinca.


Segundo informa o Instituto Armado, o senderista J.L.G.L., de 47 anos de idade e veciño do Barco de Valdeorras, extraviárase ás 16.00 horas do luns cando estaba a facer senderismo no Monte Teixadal, en Casaio (Ourense).

O Equipo de Montaña localizouno enriba das minas de Valborras, tras o que foi trasladado ao hospital do Barco, onde, tras ser examinado, foi dado de alta.

No rescate participaron efectivos do Grupo de Emerxencias Municipal, a Policía Judicial da Guardia Civil de A Rúa e axentes do Barco, segundo precisou a Benemérita. Á 1.20 horas o 112 foi informado de que fora localizado 'en perfecto estado', segundo indicou o servizo de emerxencias.

A pista do senderista perdérase na tarde do luns mentres realizaba unha ruta cara ao Teixadal de Casaio, en compañía doutra persoa.

Precisamente, foi a outra persoa a que chamou a emerxencias tras intentar contactar por teléfono co seu compañeiro sen éxito despois de perdelo de vista.

Te puede interesar