XORNAL ESCOLAR

A Escola Santo Cristo, coa saúde

dscf4144_result
photo_camera O grupo de alumnos da Escola Profesional Santo Cristo.

Entre as actividades do Día da Saúde destacou un chequeo no que tamén participaron alumnos de colexio Salesianos

Os grupos de alumnos e alumnas dos ciclos de Farmacia e Coidados Auxiliares de Enfermaría da Escola Profesional Santo Cristo celebraron o Día da Saúde. Para elo organizaron unha serie de actividades entre as que destacou un chequeo de saúde a todos os alumnos e profesores do centro que así o quixeron.

Ademais, contaron nesta xornada coa participación dun grupo de escolares de terceiro curso da ESO do colexio ourensán María Auxiliadora "Salesianos", que se desprazaron ata centro para realizar un recoñecemento de saúde e celebrar tamén deste xeito e por todo o alto o Día da Saúde cos que pronto xa serán uns profesionais da materia.

O chequeo consistiu nunha medición das constantes vitais, do índice de masa corporal, da glucosa en sangue, consellos posturais e consellos sobre a vista.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante