INCENDIOS EN GALICIA
Escudo de un millón de euros para cuidar el Xurés del fuego
CELANOVA
Coa residencia de anciáns xa iniciada, Mari Carmen Yáñez indica o termalismo como un dos grandes retos dos próximos catro anos.
Cales son os principais retos que presenta este mandato?
Ó igual que no anterior nos centramos sobre todo na residencia de anciáns para lograr levar a cabo algo tan desexado polos veciños, neste o que nos toca é centrarnos no termalismo e mellorar toda a zona termal de Río Caldo. Consideramos que o futuro do noso concello pasa polo turismo, por un turismo relacionado co parque natural e co termalismo e enfocaremos parte dos esforzos en mellorar e acometer esas obras tan desexadas. Este sería o proxecto máis ambicioso en canto á programación destes catro anos, pero sen esquecernos das pequenas necesidades dos distintos pobos e parroquias.
Nestas eleccións, Lobios perdeu dous concelleiros na corporación polo descenso de poboación. En que medida pode isto condicionar o mandato?
Non é que nos condicione, senón que é momento de reflexionar sobre o feito de que o rural segue perdendo habitantes e temos que empezar a apostar para manter a poboación nos nosos concellos. As nosas actuacións, como é o caso da residencia de anciáns coa creación de máis de 30 postos de traballo, pode axudar a fixar poboación no concello, e o impulso no tema termal e no turismo pode ser outra das grandes bazas para que se manteña esa poboación que estamos perdendo.
É o seu terceiro mandato. Como ten sido a evolución neste tempo?
A nosa chegada á alcaldía coincidiu coa etapa máis complicada economicamente para os concellos. Foi a época de facer reaxustes, a crise económica afectounos e, coas medidas que se adoptaron, os máis afectados foron os concellos. Nós pretendemos non perder a ilusión por acadar eses compromisos que tiñamos coa poboación. Aínda que o camiño ás veces non é tan rápido ou doado como un espera, traballando as cousas e facéndoas ben si que se acadan, e un exemplo disto é a residencia. Seguimos coas mesmas ganas e coa mesma ilusión para agora acadar o seguinte compromiso.
Que condicionantes se presentan para Lobios polo feito de estar inmerso nun parque natural como é o Xurés?
Temos que poñelo en valor e acadar entre todos que haxa un apego e creamos nos beneficios que nos reporta formar parte del. Non podemos esquecernos que aparte formamos parte da reserva da biosfera. Ás veces o parque natural percíbese como un atranco ou limitación para os veciños e trátase de cambiar un pouco ese sentimento, que realmente funcione e que repercuta no beneficio dos veciños, que realmente foron os que o conservaron e mantiveron. Gracias a como se coidou a zona acadou esa denominación de parque.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIOS EN GALICIA
Escudo de un millón de euros para cuidar el Xurés del fuego
TEMPORAL HISTÓRICO
Diluvio en A Baixa Limia: 500 litros en dos semanas
MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PATRIMONIO HISTÓRICO
El Gerês-Xurés acerca su historia a los escolares
Lo último
REJUVENECE EN 50 AÑOS
La edad media de la población en Ourense baja por vez primera en medio siglo
Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 13
La tensa espera hasta el debate a cuatro
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de noviembre
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
El sanchismo contra Felipe