María del Carmen Yáñez: "Somos un destino diferenciador con potencial natural e termal"

Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense

María del Carmen Yáñez é a nova alcaldesa de Lobios

Los nuevos alcaldes de Ourense: María del Carmen Yáñez Salgado, alcaldesa de Lobios

María del Carmen Yáñez asumiu, o pasado sábado, o bastón de mando da que será a cuarta lexislatura ao fronte do Concello de Lobios, sempre con maioría absoluta (seis edís). O PSOE obtivo tres representantes.

Como afronta a lexislatura?

Con moita ilusión. Sobre todo porque as cousas, si se van planificando e si hai continuidade, se conseguen. Nós tiñamos varias liñas roxas que queríamos acadar, que eran sanear economicamente o Concello, conseguir a residencia e, nesta próxima, será o tema termal.

Cales serán os obxectivos deste novo mandato?

Consolidar o tema termal. Xa temos anteproxecto e contamos coa colaboración de Caldaria, que é a empresa que ten a concesión e explotación deste recurso, e cun arquitecto como César Portela que está pondo o seu empeño para sacar algo diferenciador. Pero non deixaremos de lado pequenas actuacións en cada núcleo, apostando pola humanización para que os veciños se sintan orgullosos das aldeas nas que viven. E, en relación aos maiores, queremos un servizo de axuda no fogar máis consolidado no municipio, con máis persoal.

O turismo é o principal motor económico do concello?

Si. Temos que valorar que somos parque natural, reserva mundial da biosfera transfronteiriza que é un elemento diferenciador: somos un destino con dos países, algo enriquecedor e atractivo de cara ao visitante. Ademáis temos a fortuna de que polo noso territorio transcorre a Vía Nova e o Camiño de San Rosendo e o Miñoto Ribeiro. É o momento de impulsar e dar a coñecer esta riqueza de cara aos peregrinos, que se consoliden estes camiños que van a Santiago. Creo decididamente niso e unha das nosas propostas será contar cun albergue de peregrinos.

De que maneira inflúe estar tan preto de Portugal?

Inflúe moitisimo no noso día a día, nas nosas costumes... Pasar Lindoso é, para nós, unha continuación. Temos unhas relacións excepcionais cos presidentes de cámara portugueses e queremos continuar. Levar a cabo proxectos conxuntos.

Hai está o tema da autovía…

Para nos é fundamental e prioritario. Somos a comunicación natural da provincia de Ourense co norte de Portugal. Os de a parte portuguesa e nós insistimos na necesidade de que, algo polo que levamos pelexando tanto tempo, sexa unha realidade.

Contenido patrocinado

stats