Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
INTERVENCIÓNS PÚBLICAS
O Concello de Barbadás presentou onte o seu plan de obras para o ano 2025. Este prevé unha inversión de 1,1 millóns de euros en diferentes infraestruturas con financiamento propio, do Goberno central, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense.
En total son nove as futuras actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas (vial Santa Uxía-Reza), recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á Valenzá Vella.
Dende o propio goberno local informan de que a estas nove obras se lle sumarán en breve, polo menos, outros seis proxectos que están agora en redacción ou pendentes de subvencións e cuxo importe se sumará ao longo de ano aos 1,1 millóns citados anteriormente.
2.160.000: orzamento do plan de obras 2023-2025.
9: número de obras que se realizarán este ano.
448.000: inversión prevista para o cambio integral de luminarias por leds, a de maior contía.
35: total de actuacións que se realizarán co plan 2023-2025.
Este plan 2023-2025 foi detallado onte polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza e o concelleiro de Intervencións Públicas, Daniel Rey, quenes tamén fixeron avaliación da evolución do mesmo durante o que vai de mandato.
Neste período, desde xullo de 2023, o goberno local terá executado ou aprobado para executar 35 obras de infraestruturas cunha inversión de 2.160.000 millóns de euros. A inversión asociada ao Plan de Obras será maior ao rematar este ano, xa que varios proxecto están agora mesmo en fase de redacción.
“Gobernamos dunha forma xusta para todos os pobos do municipio. As necesidades son sempre moitas e resulta imposible cubrilas todas porque os recursos tamén son limitados, pero tentamos atender o maior número delas, chegando a cada recuncho do municipio. A proba está en que cando remate este ano, teremos feito obras en todos os pobos, con criterios de necesidade e interese xeral”, sinalou Xosé Carlos Valcárcel.
Dende o goberno municipal destacaron o exercicio de colaboración institucional que fai posible este plan, con financiamento de diferentes administracións, así como “o traballo de escoita coa veciñanza para identificar as necesidades”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)