DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525
EDUCACIÓN VIARIA
O Paseo dos Amieiros de Barbadás converteuse onte nunha auténtica cidade en miniatura. Ducias de rapaces de ata 10 anos, provistos das súas bicicletas, patíns ou patinetes, e cos seus correspondentes cascos de uso obrigatorio, tomaron o espazo para participar no Circuíto Ciclista Infantil. A actividade, enmarcada na celebración da Semana Europea da Mobilidade, transformou o paseo nun trazado de educación viaria cheo de semáforos, sinais de tráfico e peóns, onde os máis pequenos puideron poñer a proba a súa pericia sobre as rodas.
A xornada, de carácter gratuíto e impulsada pola Biciescola Maese Bike, estendeuse dúas horas e fixo as delicias da cativada, que tamén puido gozar dunha xincana de adestramento e dunha carpa instalada a modo de obradoiro de bicis.
Tal e como destacou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a cita demostrou o acerto deste tipo de iniciativas, que permiten “que a rapazada se divirta ao tempo que aprende educación viaria”. Deste xeito, o Concello de Barbadás busca avanzar na concienciación cidadá, fomentando dende a nenez o uso de medios de transporte sostibles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525
NUEVA CONSTRUCCIÓN
Los concejales no adscritos de Barbadás piden un Auditorio Municipal
BLINDAJE CONTRA EL MACHISMO
El PSdeG de Barbadás reclama una campaña contra la violencia machista
Lo último