MUSEO DA FARMACIA
Identidade cultural dende a Botica de Doade en Beariz
Este parque está proxectado por Eólica Galenova, S.L.U. en Forcarei e Beariz, na comarca de Terra de Montes. Constaría dun total de 14 aeroxeradores de 180 metros de altura que se situarían nunha zona fundamental da Dorsal Galega como corredor ecolóxico entre a Serra do Suído e os espazos da Rede Natura ZEC Serra do Cando e ZEC Serra do Candán. Perimétrano, ademais, tres Áreas de Especial Interese Paisaxístico.
Esta determinación do Tribunal Galego supón que, malia a contar o proxecto coa autorización administrativa e de construción da Xunta de Galiza, as obras non se poderán iniciar ata que non se ditamine sentenza sobre os recursos contencioso-administrativos interpostos pola demandante. Desta maneira, a efectividade das autorizacións queda suspendida temporalmente.
O Tribunal Galego xustifica a súa decisión nos argumentos presentados por Adega: a cualificación da área afectada como de “exclusión eólica” no Mapa de Zonificación Ambiental elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica; a proximidade a espazos protexidos de Rede Natura e áreas de especial interese paisaxístico; a afectación a augas protexidas e potables e os seus riscos hidrolóxicos; e a afectación a un hábitat de interese comunitario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MUSEO DA FARMACIA
Identidade cultural dende a Botica de Doade en Beariz
ESCENIFICACIÓN ARTESANAL
Miniaturas que esculpen la memoria en la iglesia de Beariz, en Carballiño
CAUSAS DESCONOCIDAS
Muere una mujer en su vivienda de Beariz
Lo último