CARPINTERÍA Y PAVIMENTACIÓN
El colegio de Xuvencos, en Boborás, mejora su accesibilidad
NADAL EN BOBORÁS
Hai dúas formas de saber que chegou o Nadal a Boborás: a primeira, fixarse no calendario; ou, a segunda, adentrarse na Ruta dos Beléns de Figueiroa, na parroquia de Cameixa. Este percorrido cega polo colorido das luces e das pezas artesanais colocadas por todo o longo da estrada veciñal. Durante estas datas, os veciños adoitan referirse a súa localidade como “única”, porque decoracións parecidas pódense atopar en calquera lado, pero iguais?
Os artífices desta ruta están nunha das casas ao fondo da aldea, á que chegaron Jaime Mella e María Dolores Moreira no 2008. Tres anos despois de instalarse alí, descubriron que podían encher o seu corazón de fogar en época de Nadal con adornos feitos a man por eles mesmos, e se puxeron a traballar niso. Comezaron con “pouca cousa”, afirma Mella, quen lembra con cariño a súa primeira creación, unha simulación do Belén con teas. Foi este o inicio dun pasatempo que manteñen a día de hoxe e que non remata en xaneiro, despois do día de Reis, senón que tamén confeccionan diversos obxectos para outras celebracións, como Carnaval e Samaín, todo con materiais reciclados. Máis tarde, a parella contaxiou a súa paixón a algúns veciños, e a Ruta dos Beléns de Figueiroa converteuse nunha tradición á que cada vez se suman máis participantes.
Este ano, a chuvia atrasou a instalación das elaboracións, aínda que se poden ver algunhas casas xa decoradas. Mella e Moreira, pola súa parte, tiveron que esperar ata este luns para colocar no seu patio as figuras do seu belén secuencial a tamaño humano, que moverán cada día para contar, a través delas, a historia completa do nacemento do neno Xesús.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CARPINTERÍA Y PAVIMENTACIÓN
El colegio de Xuvencos, en Boborás, mejora su accesibilidad
LIBROS SOBRE SU HISTORIA
Los trillizos de Astureses que hace 80 años fueron noticia
FUERTES VIENTOS
Un nuevo apagón deja a oscuras O Barco de Valdeorras y Boborás
Lo último
COLUMNISMO DE OPINIÓN 2026
Alfredo Conde, reconocido con el XI Premio José Luis Alvite por la Asociación de Periodistas de Galicia