O Couto Mixto nomea os seus novos xuíces honorarios en Calvos de Randín
HISTORIA E MEMORIA
Un ano máis, Santiago de Rubiás acolle o acto de nomeamento de xuíces honorarios do Couto Mixto nunha xornada de actos e cultura
A igrexa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, acolle este sábado a partir das 12,30 horas o acto de nomeamento dos novos xuíces honorarios do Couto Mixto: a asociación de mulleres rurais “A Raia” de Baltar, o fotógrafo Xurxo Lobato e o tradutor e docente portugués Marco Neves. Haberá ademais unha actuación musical de María do Ceo e un xantar popular no Diestro do Crego.
A xornada, organizada pola Asociación de amigos do Couto Mixto, volverá render tributo á memoria, á identidade e á cultura deste microestado independente entre España e Portugal, que abranguía as aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus ata desaparecer en 1868 co Tratado de Lisboa.
Xa pola tarde, ás 20,00 horas estrearase en Santiago de Rubiás a obra de teatro “Os pasadores do Couto Mixto”, unha coprodución internacional do Centro Dramático Galego. A obra, creada pola autora e directora portuguesa Patrícia Portela, parte de historias reais de persoas que cruzaron a Raia entre a Guerra Civil e a Revolução dos Cravos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARQUEOLOGÍA
Nuevas excavaciones en el Castelo da Picoña
SUPERA A LOS PICOS DE EUROPA
Este pueblo ourensano marca la mínima de toda España: -5,4ºC
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525