FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
CULTURA GALEGA
A Agrupación Cultural Avantar de Carballiño organiza o domingo 12 de xaneiro unha nova edición do Roteiro Manuel María, que comezará ás 11,30 no anfiteatro do Templo da Veracruz, unha actividade que se organiza ao longo do ano cos estudiantes dos centros educativos da vila, e que nesta ocasión estará aberto á participación de todo o público.
Na presentación, realizada onte na casa do Concello, Darío Rodríguez e Nani Blanco, membros de Avantar, explicaron que o itinerario literario será guiado por un arrieiro e acompañado por un gaiteiro. Como novidade destaca a participación de Felipe Senén López, Xan Alfonso García e César Varela, que foron tres dos catro asinantes do prólogo da obra, xunto co finado Ernesto Atanasio Corcheiro. Tamén se sumarán integrantes da Fundación Manuel María, nun percorrido será un pouco mais curto que o roteiro habitual, facendo parada na Veracruz, a Praza Maior, na Eira de Flores e na Fonte. Ao remate realizaráse na Fonte de Flores a lectura dunha escolma de poemas de Manuel María acompañado de música.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, acompañou aos membros de Avantar na presentación e animou a cidadanía a participar nunha actividade que será o colofón da programación do 50 aniversario da entidade, que incluíu unha gala celebrada o pasado ano para conmemorar esta efeméride.
Reme Forneiro, integrante de Avantar, destaca que “50 anos despois, a agrupación mantén o espírito co que naceu, de difundir e reivindicar o noso: a cultura, a terra, a lingua e o patrimonio” e fan un balance positivo dun ano moi especial, no que incluso recolleron douspremios pola súa traxectoria: o da Fundación Insua dos Poetas e o galardón Arenteira.
No pasado ano a agrupación cultural apostou por actividades xa afianzadas como Tasca e Literatura e a Foliada, que volverá a celebrarse na primavera, coa participación de músicos de toda Galicia.
Entre as novas actividades que naceron no pasado ano sinalan o Clube de Lectura ou a visitado Apalpador este Nadal, que foi unha das que tivo mellor acollida, seguida do Samaín, na que organizaron a lectura de fragmentos de “O Ollo de Vidro de Castelao” acompañado de música na rúa.
O reto para o 2025 é aumentar o número de socios, que actualmente rolda a veintena, e sobretodo incorporar a xente moza, fomentando a participación “para que a nosa cultura e a nosa lingua se manteñan vivas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas