O colectivo Matar por Matar Non respalda unha fundación para a canceira carballiñesa
A iniciativa do grupo municipal do BNG do Carballiño para crear unha fundación que xestione a canceira de A Medela -agora en mans do grupo ecoloxista Outeirorecibiu o respaldo da asociación Matar por Matar Non, como apoio á opinión maioritaria de que esta figura administrativa é a mellor para este refuxio de animais.
A proposta dos nacionalistas carballiñeses, presentada como moción, conta xa co apoio explícito do PP pero co rexeitamento do equipo de goberno do Concello.
Os ecoloxistas de Matar por Matar Non sinalan que a experiencia da fundación é idónea en tódolos refuxios, non solo de cans, que funcionan axeitadamente, e non pode ser que o Concello carballiñés delegue esa tarefa e non exerza a mínima fiscalización, como viña acontecendo. Engaden que o feito de que a xestión estea supeditada a un padroado formado polos alcaldes e membros das Corporacións implicadas -tal e como se propónparece aval suficiente para garantir transparencia.
A moción do BNG suscitou o rexeitamente da concelleira de Medio Ambiente do Carballiño, María Xosé Pérez, que entende que a canceira só debe acoller ós cans abandoados do municipio e ser dirixida por este, a fin de evitar a descapitalización de propìedades que son do Concello e que pasarían a depender dunha fundación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto