FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
FIESTA DEL PULPO
A programación da Festa do Pulpo deste ano combinará a degustación do exquisito pulpo do Carballiño, do mellor do viño do Ribeiro, estando dedicada esta edición á denominación máis antiga de Galicia, e a mellor música folk, destacando a actuación de Óscar Ibáñez & Tribo, que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria. Será o 11 de agosto, ás 23,00 horas, na Praza Maior.
Ademais, ao longo destes 15 días de programación desta festa declarada de Interés Turístico Internacional, os asistentes á celebración poderán disfrutar de actuacións como as de Os Biruxes, Isidro Vidal, Terras do Arenteiro, Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva, Auskelga ou Amigos do Acordeón Terras de Celanova, entre outros, algunhas delas dentro do Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional, o mesmo día da Festa do Pulpo, no Parque Municipal.
En total, serán unha quincena de grupos de música folk e tradicional os incorporados ao programa oficial, sen contar os de outros estilos musicais.
Outro dos puntos fortes será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto, en horario de 12,00 a 21,30 horas.
Contarase coa participación 6 adegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes. Onte tivo lugar unha primeira reunión entre algunhos dos adegueiros participantes e os responsables municipais, a concelleira de Promoción Social, Lorena Castro, e o de Turismo, Manuel Dacal, na que se estableceron a loxística e os horarios de apertura das “jaimas” que se instalarán para a ocasión na Praza Maior da vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último