Arredor de 300 persoas participaron na XVIII Festa da Palabra, celebrada na Insua dos Poetas, no Carballiño.
|
Martiño Pinal
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
ARREDOR DE 300 PERSOAS
A cita reuniu arredor de 300 persoas e serviu de escenario para a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026 e a inauguración dun monumento dedicado á lírica galego-portuguesa medieval.
A Festa da Palabra, celebrada este sábado na Ínsua dos Poetas, reuniu arredor de 300 persoas nunha xornada dedicada á cultura galega que contou coa participación de escritores, poetas, músicos e representantes do ámbito cultural de toda Galicia.
Durante o acto entregáronse os Premios Ínsua dos Poetas 2026, entre os que destacou o recoñecemento ao xornalista con vinculos familiares con Ourense, Arturo Lezcano, autor de "O país invisible. A epopea atlántica da diáspora galega", galardoado na categoría de Galicia Exterior pola súa contribución á proxección de Galicia fóra das súas fronteiras. Tamén foron premiados Fina Casalderrey, a Sociedade Galega de Historia Natural, o Club Ciclista Maceda, Bieito Ledo, Praza Pública e Alfonso Medela.
A xornada incluíu tamén a inauguración dun monumento dedicado á lírica galego-portuguesa medieval, unha iniciativa coa que a Fundación Ínsua dos Poetas busca reivindicar o legado histórico da lingua galega e achegalo ás novas xeracións. O presidente da entidade, Luis González Tosar, destacou o carácter cultural do encontro e defendeu a necesidade de seguir impulsando o uso do galego.
1/25
Foto de grupo xunto ao expositor de libros, con varios dos protagonistas e asistentes á xornada literaria.
|
Martiño Pinal
2/25
O presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, destacou o valor da lingua e da cultura galega durante a súa intervención.
|
Martiño Pinal
3/25
A escritora Fina Casalderrey recolleu o Premio Insua dos Poetas 2026 na modalidade de Literatura.
|
Martiño Pinal
4/25
Arturo Lezcano, moi agradecido e honrado pola concesión do Premio
|
Martiño Pinal
5/25
Entrega do premio a Arturo Lezcano, galardoado na categoría de Galicia Exterior
|
Martiño Pinal
6/25
Entrega do premio a Alfonso Medela, na modalidade de Música
|
Martiño Pinal
7/25
Representantes de Praza Pública recibiron o galardón na categoría de Medios de Comunicación.
|
Martiño Pinal
8/25
Entrega a Bieito Ledo, pola súa contribución á Promoción da Cultura Galega.
|
Martiño Pinal
9/25
Galardón á Sociedade Galega de Historia Natural, en Medio Ambiente
|
Martiño Pinal
10/25
O Club Ciclista Maceda foi distinguido pola súa contribución á promoción da cultura galega.
|
Martiño Pinal
11/25
Mariña Arbor dirixíndose ao público desde o atril durante a súa intervención na Festa da Palabra.
|
Martiño Pinal
12/25
A música tamén tivo o seu espazo na Insua dos Poetas cunha emotiva actuación á guitarra.
|
Martiño Pinal
13/25
Intervención de Modesto Fraga no atril co cartel da "XVIII Festa da Palabra na Insua dos Poetas" de fondo.
|
Martiño Pinal
14/25
Arredor de 300 persoas participaron na XVIII Festa da Palabra, celebrada na Insua dos Poetas, no Carballiño.
|
Martiño Pinal
15/25
Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, entre o público.
|
Martiño Pinal
16/25
O público seguiu con grande interese e atención cada unha das intervencións e actuacións musicais.
|
Martiño Pinal
17/25
Tres dos asistentes gozando do ambiente natural e compartindo un momento de acougo antes do comezo do acto.
|
Martiño Pinal
18/25
Sorrisos e xestos de aprobación entre o público asistente que gozou do evento dende as bancadas de pedra.
|
Martiño Pinal
19/25
A mocidade tamén estivo presente no evento, compartindo impresións e textos nas bancadas do anfiteatro.
|
Martiño Pinal
20/25
Un grupo de participantes posa xunto ás bancadas de pedra do auditorio ao aire libre.
|
Martiño Pinal
21/25
Primeiras filas do anfiteatro completándose antes de dar comezo as intervencións.
|
Martiño Pinal
22/25
Conversas informais e saúdos entre os asistentes que encheron as bancadas do espazo.
|
Martiño Pinal
23/25
Detalle de varios dos asistentes compartindo impresións de xeito distendido en plena xornada.
|
Martiño Pinal
24/25
Éxito de vendas e grande interese do público polos libros expostos no mostrador do evento.
|
Martiño Pinal
25/25
Momento de socialización e faladoiro entre o público no corazón do recinto.
|
Martiño Pinal