UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
Os asistentes a Festa da Palabra propuxeron que se lle adique o autor de 'Nimbos' o próximo Día das Letras Galegas
A persistente choiva causou algunhas molestias na carballeira, onde se inauguraba o acto coa música da Banda do Carballiño e de dous gaiteiros, o mesmo tempo que se descubría o monumento adicado a Xosé María Díaz. Tamén se entregaron os Seteestrelo 2011, que recolleron o Instituto de Estudos Carballiñenses, Arturo González Gil, Arximiro Marnotes Rodríguez, o xornal Galicia Hoxe, Manuel Gallego Jorreto, Antón Lamazares e Xesús Alonso Montero. E, ademais, houbo recital a cargo de Miro Villar, Fina Casalderrey, Luis González Tosar, Víctor Campio Pereira e Salvador GarcíaBodaño.
'Que esta terra siga sendo nosa, que esta lingua siga sendo nosa e que os poetas sigamos sendo os abandeirados da irmandade', sinalaba Luis Tosar, o presidente do Pen Clube. O profesor Luciano Rodríguez facía a continuación a lembranza do poeta homenaxeado polo 50 aniversario da súa única obra publicada 'Nimbos', que calificou de 'breve, local, grande e universal'. O secretario xeral de Política Linguistica, Anxo Lorenzo, reivindicou que 'sigamos empeñados en facer lingua e facer país por riba das nosas diferencias'.
Pola súa banda, o presidente da Diputación, José Luis Baltar, referiuse a preocupación xeneralizada pola crise económica, que non nos pode facer renunciar os valores como 'a lingua, a cultura e a tradición'. Referíndose a Álvaro Cunqueiro, sinalou que 'o futuro é noso, pero somos nós os que o temos que escribir e non deixar que nos lo escriban'.
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, encargouse de clausurar o acto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN AÑO CRÍTICO
24 carballiñesas, víctimas de la violencia de género
NOSA LITERATURA
A Insua dos Poetas pechará o ano Castelao o sábado
PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
Óscar Reboiras presentou a súa obra “El caso Salgueiro”
UN ESPACIO PARA REUNIRSE
El Concello de Piñor licitó el bar municipal
Lo último