Laura Varela, modelo do Carballiño: “Estou totalmente enfocada no Grand Miss España”
Miss Grand Costa Gallega 2025
Miss Grand Costa Gallega 2025, Laura Varela Pérez, naceu o 26 de maio de 2003 en Carballiño, Ourense. Formada cun grao en Educación Primaria, combina a súa carreira como modelo coa preparación para exercer como mestra.
Laura Varela está a traballar para xestionar todas as chamadas que está a recibir tras o seu éxito recente no certame Miss Grand Galicia.
Pregunta. No profesional, cales son os teus obxetivos a curto prazo?
Respuesta. Agora mesmo estou totalmente enfocada na miña preparación de cara ao certame Miss Grand España, que se celebrará en abril de 2026, e co que estou moi ilusionada. Porén,ademais da miña carreira neste ámbito, a miña gran paixón é a ensinanza. Por iso, estou opositando para mestra co obxectivo de conseguir unha praza e poder dar clases a nenos de Educación Infantil ou Primaria.
P. E no plano persoal, como te consideras?
R. Considérome unha persoa moi normal, como calquera outra rapaza da miña idade, moi familiar e á que lle encanta pasar tempo coa miña parella e coas miñas amigas. Tamén teño unha gran inquietude por viaxar e seguir aprendendo da vida. Con 22 anos, sinto que me queda moito por vivir, experimentar e descubrir.
P. Voltando os certamenes de beleza, qué é o que mais che gusta deles e o que menos?
R. Nos certames, o que máis me gusta é o orgullosa que me sinto de subirme a un escenario, de falar e transmitir unha mensaxe diante de tantas persoas, de aprender e de superarme amin mesma. Non se valora unicamente a beleza física, senón tamén o nivel de inglés, os coñecementos, a formación, o esforzo e moitas outras calidades que transcenden o coidado externo. Aínda que, por suposto, manter un bo estado físico tamén conleva dedicación e é un logro persoal do que e estou orgullosa. O peor son precisamente eses comentarios de “haters” que xulgan de forma superficial sen coñecer a fondo o teu esforzo. Teño unha personalidade forte e tento que non me afecte, pero si vexo que compañeiras ás veces o pasan peor. É unha mágoa que se abuse do xuízo fácil.
P. Qué sintes o representar a Carballiño nestes certames?
R. Para min é un orgullo, unha honra e unha gran responsabilidade levar o nome de Carballiño. É a miña terra. Espero poder representar a Carballiño e a Galicia da mellor maneira posible e conseguir un moi bo resultado no certame nacional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último