FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, constatou nunha visita ao Concello de Maside que “o Plan de Recuperación do Goberno está a chegar a todo o
territorio” e puxo en valor máis de 200.000 euros que recibirá este municipio para a rehabilitación da antiga escola.
O subdelegado visitou as instalacións acompañado polo alcalde de Maside, José Manuel Iglesias Araujo, e o arquitecto municipal, Óscar Gonfer. O colexio vello de Maside é un dos
beneficiarios da Liña 1 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Despois de presentar alegacións á resolución provisional publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), o Concello recibirá máis de 200.000 euros para a súa rehabilitación e acondicionamento, con obras que inclúen actuacións de eficiencia enerxética e illamento do edificio ou substitución de cuberta e carpintería exterior illante.
A rehabilitación, financiada polo Plan de Recuperación, permitirá crear un espazo de uso público, multidisciplinar e cultural, asociativo e formativo para os veciños de Maside. González destacou que “supón un investimento importante” para concellos de menos de 5.000 habitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último