Unha obra anexa á fábrica de papel de Carballiño dará servizos para o museo
CULTURA
A escola obradoiro Carbosan inicia este mes os traballos de recuperación
O módulo de albanelería do obradoiro de emprego Carbosan comezará estes días as clases prácticas coa construcción dunha instalación anexa ao edificio do secadeiro da fábrica de papel da Lavandeira, segundo anunciou onte o Concello carballiñés. Esta construcción irá destinada a albergar diversos servizos deste conxunto etnográfico, entre eles, a recepción, unha oficina e uns baños para os usuarios do futuro museo.
Un total de vinte persoas participan neste obradoiro, que conforman os concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro, e que están distribuidos en módulos de albanelería e forestal. Así mesmo, conta con cinco persoas máis para as labores administrativas e técnicas.
Segundo sinala o Concello de Carballiño, no caso concreto desta institución a formación céntrase na especialidade de albanelería, "e por iso a parte práctica consistirá na construcción desta nova instalación que, xunto co proceso exterior de mazas e norias, complementará ao edificio do secadeiro, constituindo o conxunto o museo da fábrica de papel". Esta construcción irá ubicada á beira dereita do secadoiro, na parte prevista para o acceso do público, e realizarase, "na medida do posible", segundo o deseño inicial do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, autor do proxecto da fábrica de papel, "que preveía para esta instalación unha cuberta plana e unha fachada acristalada", di o Concello.
O obradoiro comezou o pasado mes de decembro, e prolongarase durante os próximos nove meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una mujer herida tras sufrir un atropello en la calle Samuel Eiján de Ourense
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, jueves 2 de julio
TAMBIÉN OBSTETRICIA
Ginecología del CHUO tendrán una torre de histeroscopia