FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
EQUIPOS DE DEBATE
A Residencia de Tempo Libre do Carballiño foi escenario onte da fase clasificatoria da 16ª edición de Parlamento Xove, que se celebrou con éxito batendo o récord de participantes da pasada edición, con 68 equipos nas tres categorías de Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Universidade.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, comprobou o nivel de oratoria dos 44 mozos universitarios que, durante esta xornada, buscaban a clasificación de cara á fase final. Neste senso, destacou a profesionalidade da mocidade que, a través deste programa, da conta da súa preparación académica.
Parlamento Xove é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que comezou no 2010
No marco da cita, López Campos felicitou aos 264 mozos que competiron baixo a temática “Compénsalle a Europa apostar pola reindustrialización?”. “Seredes as mellores voces que representen a Galicia e aos galegos”, manifestou e, ademais, fixo fincapé no compromiso do Goberno galego coa posta en marcha de programas que chamen á xente nova a participar activamente na sociedade.
Parlamento Xove é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xa consolidada, que se vén celebrando desde o ano 2010. Desde o seu inicio, en todos estes anos teñen debatido máis de 600 equipos de centros escolares de Secundaria, Bacharelato e Universidades o que supón a participación de máis de 3.000 persoas entre estudantes e profesorado.
O certame impulsado pola Xunta de Galicia é unha competición na que os equipos inscritos investigan e debaten sobre un tema. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a favor ou en contra a adoptar por cada equipo en relación á cuestión formulada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último