Fermín Bocos
El fusible de la crisis de Ceuta
Pois creo que, de todo, non. A cuestión é complexa como toda política internacional, nacional, local, pois hai que buscar un equilibrio entre principios e intereses. Explícome. Unha persoa sabe que por principios non debe roubar e se por interese, e o collen, apanda. Pero a grandes niveis, sobre todo de política internacional, non é tan simple porque non estamos decidindo sobre nós como individuos senón sobre o conxunto da sociedade. E do que se trata é de escoller o mal menor, aínda que renxan os principios, pois é mellor un renxido que afogar en sangue. Poñámonos en situación.
España sabía desde inicios dos sesenta que era inviable prolongar a súa estancia no Sahara. Era a administradora dun inmenso territorio, 266.000 quilómetros cadrados, a penas poboado por 74.000 habitantes locais no censo de 1974 máis uns 30.000 militares e residentes españois. A Administración española reaccionou á fundación do Polisario, en 1973, auspiciado por Alxeria, coa fundación dun outro partido, o PUNS (Partido de Unión Nacional Saharaui) a fins de 1974 para pilotar unha transición moderada e crear un réxime amigo. A operación foi un fracaso estrepitoso naqueles meses avoltos entre a flebite de Franco (verán de 1974) e a súa morte (novembro de 1975). Todas as circunstancias internas estaban en contra e o panorama internacional era complicado. Alxeria aliñada funcionaba como centro loxístico, ideolóxico e militar de múltiples movementos insurxentes e grupos armados de extrema esquerda. Era, como dicía o guineano Amircal Cabral, “a Meca da revolución”. Españois alí, adestraban de ETA e do MPAIAC (Movimiento para la Autodeterminación e Independencia del Archipiélago Canario), responsables indirectos do accidente de aviación de Los Rodeos onde morreron 583 persoas, en marzo de 1977.
O caso é que nin España nin Europa estaban interesados na aparición dun novo Estado que sería satélite de Alxeria no Magreb atlántico, pois coa súa reducidísima poboación non sería viable e estaría en mans dos que apoiaban ao terroristas europeos, como os de ETA e MPAIAC. Ademais, o Polisario atacaba os españois que traballaban nas minas de Fosbrucraa e aos militares desde 1973, como logo faría secuestrando a asasinando a mariñeiros galegos e canarios.
E con Franco agonizando, as rúas fervendo de ansias democráticas, coa Marcha Verde marroquí encima, pois o mal menor foi traspasar a responsabilidade de pilotar o proceso de autodeterminación do Sahara aos países veciños, Marrocos e Mauritaria, e centrarse na transición en España. E como parte do PUNS se pasou a Marrocos, pois houbo sempre unha parte da poboación saharaui que aceptou a situación. E o Polisario promoveu o abandono das súas casas e o traslado ao Tinduf arxelino, e como nos ensina a historia, cando un marcha, outro ocupa o espazo. O caso é que hoxe viven no Sahara unhas 600.000 persoas, moitas delas vidas de Marrocos hai tres xeracións. O Polisario foi devecendo apoios e moitos achegáronse a Marrocos. Unhas 15.000 persoas volveron dos campamentos ao Sahara. Mesmo dirixentes. Hoxe, os cinco países do Consello de Seguridade da ONU están polo labor da solución autonómica dentro do Estado marroquí. Cando Felipe González rompeu relacións co Polisario despois de que matase un militar ferrolán -José Manuel Castro Rodríguez, en 1985-, xa ían costa abaixo. Defender a quen che morde a man non é fácil. Se cadra daquela non había alternativa. E pasou o que pasou. Ceuta e Melilla son outra cousa, claro. E delas falaremos outro día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
español en el exterior
Varsovia se cita con el flamenco en el Instituto Cervantes
EL 4 DE OCTUBRE
El Día de la Bici alcanza su 30 edición en Ribadavia