FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
PARQUES EÓLICOS
O Concello de Carballiño amplía a tres parroquias máis e 7 novos núcleos de poboación as alegacións contra os proxectos de liñas de alta tensión que pasan polo termo municipal e que servirá para a evacuación da enerxía producida polos novos parque eólicos. Xa son un total de 10 parroquias e 14 núcleos de poboación os que se suman as alegacións do Concello.
O goberno local do Carballiño da cumplimento así ao acordo previo que acadou coa veciñanza das parroquias e núcleos afectados e tamén á declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno do pasado mes de xuño.
En canto ás alegacións presentadas, na primeira cuestiónase a xustificación do trazado e a non observancia das recomendacións e solucións legais tendentes a afastar os parques eólicos e as liñas de distribución dos núcleos de poboación. Na segunda pídese un estudo hidrolóxico que determine o alcance da infraestrutura sobre os recursos hídricos nas diferentes zonas polas que transcorre, mentres que na terceira se recualifica o impacto sobre a vexetación e o hábitat da zona, onde ademais se elimina unha superficie considerable de masa forestal.
Na cuarta alegación denúnciase a ausencia dun apartado dentro do anteproxecto relativo aos elementos do patrimonio cultural e na quinta e última, proponse o soterramento de toda a liña ao seu paso polo Concello do Carballiño.
O Concello tamén asesorará aos veciños na defensa dos seus intereses, como se aprobou na declaración institucional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana