Sete películas premiadas para desfrutar no Cine Clube de Carballiño
Cine Clube Carballiño ofrece entre xaneiro e febreiro unha escolma dalgunhas das mellores películas desta tempada, con especial atención no cine español. Hoxe comeza coa película xaponesa “La ruleta de la fortuna y la fantasía”, de Ryusuke Hamaguchi, Oso de Prata e Gran Premio do Xurado no Festival de Berlín, que conta as historias de tres mulleres.
En canto ás proxeccións de cinema español, a primeira será “La vida era eso”, de David Martín de los Santos, con dúas magníficas interpretacións a cargo de Anna Castillo e Petra Martínez (Mellor Actriz no Festival de Sevilla e nominada ao Goya polo seu papel).
Continúa a programación cun thriller español, “La hija”, de Manuel Martín Cuenca (nominado ao Goya ao Mellor Director) e protagonizada por Javier Gutiérrez, nominado como Mellor Actor.
“Seis día corrientes” é a última película de Neus Ballús, comedia que triunfou no Festival de Valladolid cos premios do Público e a Espiga de Prata.
Unha producción británica tamén contemplada por Cine Clube Carballiño, “Cerca de ti”, un drama que se centra na familia e a paternidade, dirixido por Uberto Passolini e protagonizado por un magnífico James Norton, e que tamén recibiu o Premio do Público na Seminci de Valladolid.
Ademais, o cine norteamericano estará presente a través da multipremiada (Berlín, Sundance, San Sebastián, entre outros galardóns) e aclamada “Nunca, casi nunca, a veces, siempre”, drama centrado na adolescencia e que se convertiu no último gran éxito do cinema independente USA.
O mes de febreiro pecharase con outra película española, “Libertad”, de Clara Roquet. O filme conta con seis nominacións nos Premios Goya, entre elas a de Mellor Película.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mariluz Villar
MUJERES
No solo la tierra
Ricardo F. Colmenero
Os xemelguiños
MAPA ESPECÍFICO
Las interacciones con orcas subieron en Galicia en 2025
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este Domingo de Resurrección, 5 de abril