O pobo de Alén contará cun novo centro social
O CARBALLIÑO
Un segundo proxecto é a urbanización dunha praza en Ricovanca, por importe de 5.000 euros.
A Deputación adxudicou á empresa Construcións Viso diversas intervencións incluídas polo Concello de Beariz no Plan de Obras do 2018. Deste xeito, procederase á rehabilitación do centro social en Alén cunha inversión de 75.000 euros. As obras levaranse a cabo nun inmoble adquirido pola comunidade de veciños e cedido ao concello a tal fin. Consisten na reforma da edificación de pedra para convertela nun lugar de reunión. Con esta actuación o concello pasará a contar con 15 centros sociais.
Un segundo proxecto é a urbanización dunha praza en Ricovanca, por importe de 5.000 euros. Este núcleo de poboación conta cunha ponte medieval, un muíño restaurado, hórreos con balaustrada de pedra e un antigo forno convertido en centro social. As rúas xa foron pavimentadas pero existen unhas ruínas que afean o entorno ao tempo que poden provocar problemas de salubridade pública. O concello expropiará o solar para facer a praza, Finalmente, está prevista a construción de aseos na zona deportiva “ A Goberna”, por importe de 20.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último