O polbo, eixo vertebrador e dinamizador do turismo local no Carballiño
FESTA DO POLBO
O Concello impulsa “Pulpo con origen” ao abeiro do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino
A Casa da Cultura de Carballiño acolleu este xoves a presentación dun proxecto no que está a traballar o Concello de Carballiño en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e que está financiado polos fondos NextGeneration EU.
Na presentación feita polo alcalde, Francisco Fumega; o xefe de área provincial de Turismo Galicia, Cecilio Santalices, e o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, todos agradeceron ó Concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, a súa implicación co proxecto de internacionalizar e promover a Festa do Polbo e recalcaron o potencial que esta festa gastronómica e o produto do polbo teñen para o turismo da rexión. Resaltaron tamén que a desestacionalización da Festa do Polbo e a continúa ampliación dos eventos relacionados conseguiron convertila en motor da vida da vila durante todo o verán, atraendo a milleiros de visitantes.
As conferencias e mesas redondas abordaron a enogastronomía como elemento central da experiencia turística. Carlos Martins, experto en enogastronomía e turismo, falou da importancia de construír unha oferta turística ao redor dos produtos gastronómicos locais e a súa conexión co territorio. As mesas redondas “Os clubs de produto como elemento de vertebración do turismo gastronómico” e “O papel dos concellos impulsando a gastronomía local” abordaron o valor destas iniciativas para incrementar a competitividade das empresas locais e a necesidade da colaboración público-privada para implicar ao tecido económico nunha estratexia a longo prazo.
O Club de Produto Polbo con Orixe busca consolidar O Carballiño como un destino turístico de referencia no eido enogastronómico, situando ao polbo como eixe principal dunha actuación que tamén fortalece a conexión con outros produtos da contorna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
EN LA AUDIENCIA PROVINCIAL
A juicio, el funcionario de Xinzo acusado de ser el cerebro de una narcobanda
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense