Os premiados en Carballiño e O Ribeiro recibiron os Galardóns Arenteira

A 13ª edición dos Galardóns Arenteira, promovidos polo Aparthotel Arenteiro, celebrou onte o seu acto central no Auditorio Manuel María do Carballiño, recoñecendo o labor destacado de persoas e entidades das comarcas do Carballiño e O Ribeiro no ámbito cultural, deportivo, social e persoal.

Acto de entrega dos Galardóns Arenteira, no Auditorio Manuel María.
Acto de entrega dos Galardóns Arenteira, no Auditorio Manuel María.

A Agrupación Cultural Avantar, na modalidade de investigación e cultura, pola súa implicación na vida cultural e social do Carballiñoao longo do medio século; as Escolas deportivas Terras de Maside, en deportes, pola súa dedicación á formación da mocidade; Sandra Vázquez Estévez, en superación persoal e nos estudos pese a súa discapacidade; e o deportista José Luis Sobrino Rodríguez, a título póstumo, como exemplo de coraxe, afouteza e ilusión, foron os seleccionados este ano polo xurado dos Galardóns Arenteira, presidido polo historiador José Luis Sobrado. Un recoñecemento que tivo onte o acto central, coa asistencia dos representantes de cada un dos premiados e que se celebrou no Auditorio Manuel María do Carballiño.

A 13ª edición destes galardóns, iniciativa do Aparthotel Arenteiro, é un ano máis un recoñecemento ás entidades e persoas pola súa traxectoria tanto persoal como profesional, cultural, deportiva ou social, seleccionados nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, ensalzando o seu traballo e esforzo.

Contenido patrocinado

stats