Un total de 40 persoas déronse cita na andaina rural de Cameixa
DEPORTE
Os participantes visitaron a igrexa de San Martiño, unha adega medieval, unha mina de auga e o castro desa aldea
Un total de 40 persoas participaron na última andaina organizada polo Concello de Boborás para dar a coñecer parte das súas riquezas patrimoniais e naturais, que nesta ocasión transcorreu pola parroquia de Cameixa. Colaboran nesta iniciativa, que se puxo en marcha a principios de ano para percorrer todas as parroquias de Boborás, o Centro de Estudios Chamoso Lamas, o grupo ecoloxista Outeiro e a Deputación de Ourense.
En primeiro lugar visitaron a igrexa románica de San Martiño, do século XII, que entre as súas peculiaridades atópase o seu reloxo de sol. O historiador Xosé Luis Sobrado contou que nunha reforma de 1863 toparon elementos que fan pensar que o templo foi construído no mesmo lugar que outro anterior do ano 600 d.C. Algunhas desas mostras foron unha tumba atopada no solo, unha figura prerrománica dun año, así como unha tella da mesma época. Os participantes tamén visitaron a Adega Medieval de Figueiroa, unha mina de auga abovedada e remataron no Castro de Cameixa.
O arqueólogo, Jorge Lamas, explicou os achados atopados coa construción do gaseoducto que consistiron nunha furna con cinzas e tamén sementes dentro dun oco dunha roca. As probas do carbono 14 determinaron que os restos eran de entre o 3500 e 4000 a.C.
O biólogo, Diego Reboredo, mostrou un dos eucaliptos máis antigos de Boborás e dúas sobreiras centenarias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles