Medrar electoralmente o BNG

Publicado: 29 jul 2026 - 02:10
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Así deberá serem pra acadar o goberno de Galiza: ampliar a base social do BNG.

Doutro xeito sermos e segueremos sendo a segunda forza da GZ porque ese teito non se romperá se non medra a base social que vota BNG.

Porén iso non será posible se o BNG veta a súa presenza en segundo que actos institucionais que non teñen que ver coa relixión nin coa vida social.

Verbi gratia:

Se os deputados do BNG xuran a Constitución no Congreso e toman posesión da súa acta como tales, despois non deberían deixar de acudir á Zarzuela pra dicirlle ao xefe do Estado cal é a posición do voto do BNG no Congreso na sesión de investidura dun presidente do Gobernó estatal, porque iso é unha contradición: xurar a Constitución por impositivo legal e asemade non acudir a dicirlle ao rei que o seu voto é un NON, ou un SI... a tal candidato con acta de deputado de calquera partido político.

Non se perde o republicanismo do BNG dicíndolle na cara ao rei (xefe do Estado, na actual Constitución) que NON votará a favor de tal o cal candidato a presidente do Goberno: iso é só un acto institucional, que non se debería vetar como tal acto, se o BNG quere ampliar a súa base social, pois xurar a Constitución implica unha serie de actos políticos que ou se aceptan ou se rexeitan, estar a misa e repicando non se entende, porque hai intres onde hai que estar e ser, non se pode estar sen ser, e non se pode ser sen estar, para a maioría da poboación, e os votos do BNG están na poboación, non só nas asambleas partidistas.

PDT:

Xa sei que hai votantes do BNG que non estarán dacordo co que acabo de escribir, mo teñen dito en persoa, porén tamén sei que pra medrar hai que mudar, non vale unha pilotaxe automática, iso non funciona pra acadar maiorías dabondo, aínda que non sexan absolutas.

Antonio O. Ferreiro (Ourense)

Contenido patrocinado

stats