La Región
El Malecón no es un juguete
CARTAS AL DIRECTOR
Triaxe do paciente: amarela, urxente.
Tempo de atención estimado: 1 hora. Realidade? Urxencias colapsadas, espera de
03:15 h para a atención médica. Paciente mareada, pálida, á que non lle miraron nin unha tensión durante todo o triaxe.
Para os que non estedes familiarizados, durante un triaxe recíbese ao paciente, faiselle unha anamnesis e procédese á toma de constantes vitais asignando unha cor dependendo a gravidade. Non hai entrevista, sólo unha pregunta, en voz demasiado alta, para coñecer o motivo de asistencia. Unha paciente obrigada a decir o seu problema de saúde no medio dunha sala chea de xente. Non hai toma de constantes, non hai máis interés.
Tres gardas de seguridade na entrada de urxencias. Dime unha compañeira que cada vez necesitan máis.
Despois de toda a tarde e toda a noite, podo resumir a situación de dúas maneiras. Por un lado o pasotismo extremo, en concreto, dun enfermeiro que na miña humilde opinión se debería dedicar a outra cousa. E polo outro, o colapso do sistema sanitario.
Profesionais que non poden máis, salas cheas de pacientes, non hai nin mantas, non hai intimidade. Pacientes respiratorios con inmunodeprimidos, xente enfadada.
Que solución encontra o Sergas? Contratar máis personal de seguridade, porque para qué vamos contratar un equipo máis de atención? Un médico non é necesario, unha enfermeira e unha auxiliar tampouco, mellor outro garda de seguridade para cando todo se vaia das mans.
Eu como enfermeira vexo os dous lados. A sobrecarga de traballo de toda esa xente que amamos a nosa profesión, a falta de recursos, a falta de personal, a precaridade das instalacións. E a total deixadez dos que mandan, que pouco lles importa que a tua avoa cun triaxe urxente este tirada nun pasillo pasando frío. Ainda así, unha enfermeira desbordada contalle a miña avoa entre bromas que en todo o turno non foi ao baño nin puido beber.
Mentres, unha médica cunha sonrisa de lado a lado, unhas olleiras que contan moito e toda amabilidade do mundo aparece detrás da cortina. Esperanza nestas profesionais. Decepción en quen xestiona todo esto desde o calor da súa cadeira.
Gemma Nogueiras (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
El Malecón no es un juguete
La Región
Redes contra cerebros infantiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La escalera del avión
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Problemas de agua
Lo último
segmento prémium
Hermès también se desploma: la guerra de Irán frena al lujo francés
SIN TRIUNFO DESDE 1962
Carlos Canal hace historia para el deporte ourensano ganando al esprint
APROBADA POR EL GOBIERNO
La Xunta estudia recurrir el decreto estatal para regularizar migrantes: "Nace mal concebida"
Ataque a Irán
Irán amenaza con escalar el bloqueo marítimo al mar Rojo