Oposición á instalación de ALTRI
Con estupor lin as declaracións do Sr. Rueda tras a non asignación de fondos europeos ao proxecto de Altri, entendendo a lóxica da Xunta na busca de investimentos para Galicia, e vital analizar detidamente as implicacións deste tipo de proxectos industriais a gran escala, ou non se deu conta da oposición que hai en Galicia a ese proxecto incluso de alcaldes do seu propio partido.
A insistencia en facilita-la implantación dunha macrocelulosa, obviando as posibles consecuencias ambientais, sociais e económicas negativas, paréceme unha visión curtoplacista do desenvolvemento.
É preocupante que se critique a denegación de fondos europeos por “esixencias ambientais excesivas”, cando precisamente son esas salvagardas as que protexen o noso patrimonio natural.
Ademais, é inquedante o uso do argumento do “trato desigual” por parte do Goberno central como cortina de fume para eludir un debate serio sobre o impacto real deste tipo de proxectos. Esixir menos controis ambientais non debería ser unha solución, senón un motivo de alarma. É precisamente a través destes filtros que protexemos o patrimonio natural de todos e evitamos erros do pasado, como o de Ence en Pontevedra, cuxas consecuencias seguimos pagando.
Finalmente, considero que a petición de xestionar directamente fondos europeos sen a supervisión de criterios ambientais rigorosos a nivel estatal podería interpretarse como un intento de eludir controis necesarios para a protección do noso territorio. A transparencia e a rendición de contas na xestión de fondos públicos son esenciais para garantir un desenvolvemento xusto e sustentable.
En lugar de insistir en pro-xectos de dubidoso beneficio ambiental, avogo por unha reflexión profunda sobre o modelo de desenvolvemento que queremos para Galicia: un que equilibre a actividade económica coa preservación do noso valioso patrimonio natural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RIBEIRO, LA MÁS GANADORA
Bruselas reparte premios entre 31 vinos ourensanos
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
“Exigimos la cuestión de confianza”
Encuentro empresarial
Un pacto por la vivienda en la Ribeira Sacra
FEDERACIÓN NACIONAL
El sector de la pizarra reforzará la formación en Valdeorras