Chamamento a tranquilidade

Publicado: 05 may 2020 - 00:04

Estimado director:

Quero dicirlle públicamente a vostede e os lectores do seu periódico que estou preocupado, moi preocupado, polo clima de crispación no que estamos inmersos e que eu creo que se debería tratar de calmar.

A ese clima contribúese dende as institucións provinciais e locais, cando se aproveita unha lagoa ou erro non para corrixilo se non para dicir que todo está mal. Por iso se reclama unha lexislación individual para cada concello, ou zona, como Os Peares, e outras. Alguén pensa que isto é posible? A min isto recórdame aquela ilustre frase dun presidente do Goberno dicindo: “Quién tiene que decirme a mí el vino que puedo beber” pois o mesmo quen ten que dicirme a min a onde podo ir, cando podo saír. Pois teno que dicir: o Goberno deEspaña e a Xunta de Galicia.

Eu si que creo que o Goberno de España debe seguir tomando decisións coordinadas e mellorar a coordinación coas comunidades autónomas. Pero dicir que lle da as costas as comunidades autónomas cando o 3 de maio lle da 16.000 millóns que non ten que devolver non indica que esa frase sexa acertada, so ten sentido no contexto de crear incerteza na xente. Non estamos en eleccións, ou eso creo, estamos tratando entre todos, ou case todos, de matalo bicho.

Desescalar por provincias ou áreas sanitarias? Discútase, analícese polos expertos e resólvase, pero por parroquias? Para qué? Non tratemos de chegar antes, se non de chegar mellor.

Resulta que a caótica situación creada polo COVID-19 vese aumentada ó coñecerse as medidas da desescalada como afirma o presidente da Confederación de Hostalería de Ourense? Critica ó Goberno de España pola permanente improvisación e o mesmo tempo recoñece que a patronal da hostalería aínda non ten plan pechado? Un camping, unha casa rural, un hotel, requiren protocolos de apertura distintos e neso está a traballar o ICTE, o Goberno de España e a Xunta. Máis de quince, só para hostalería, porque a casuística é moita. Logo a reiteración na improvisación do Goberno só resposta a xerar incerteza e desacougo. Ó meu entender iste tipo reiterado de afirmacións só ten o obxectivo de intentar acabar co Goberno e non co bicho.

Pode haber dúas liñas de traballo. Unha é que empresarios, políticos e expertos de recoñecida valía e curriculum traballen da man, como en ámbitos da Xunta e do Goberno de España se está a facer, e outra, a de nomear un comité asesores que saben de todo, con Pablo Motos, Ana Rosa Quintana, Fran Rivera, e outros e así irían as propostas máis rápido; eso si con resultado descoñecido.

Cando enxaulémolo bicho, chegará o tempo das disputas políticas e entón a xente verá quén se adicou a resolver o tremendo problema ou quen gastou o seu esforzo en contar mentiras buscando o beneficio partidario.

Contenido patrocinado

stats