Emilio Carlos García, catedrático de Historia do Cine: "Queda moito por dicir do cinema galego; só vimos a punta do iceberg"
ENTREVISTA
A Fundación Carlos Velo concederlla este domingo a Emilio Carlos García, catedrático de Historia do Cine, o Veliano de Honra polo seu labor a prol da produción galega
O catedrático Emilio Carlos García recibirá este domingo en Cartelle o Veliano de Honra, unha distinción concedida pola Fundación Carlos Velo que recoñece a súa ampla traxectoria na investigación do cinema galego.
Pregunta. Que supón para vostede recibir esta distinción?
Respuesta. Sen dúbida, é unha honra. Vincular o meu nome ao do noso paisano é un privilexio que nunca imaxinaría. É unha alegría ver a comarca de Celanova ligada á do Ribeiro a través do cine, dúas comarcas que compartían unha vibrante actividade cinematográfica.
P. Que cómpre facer para reivindicar o legado de Carlos Velo?
R. Utilizou este medio para canalizar a súa paixón por diseccionar a terra, a arte e a cultura a través dunha serie de documentais que marcaron un fito no cine español. Galicia foi unha presenza constante na súa obra. O seu legado debe ser preservado, como o de tantos outros galeguistas cuxos rastros se esvaecen co paso do tempo.
P. Como comezou a sua paixón polo cine?
R. A influencia do “Cine España” foi un factor decisivo á hora de decidir dedicarme ao cine a través da docencia e a investigación. Podería dicir que nacín case alí mesmo, no auditorio daquel cine de Ribadavia, porque desde moi pequeno comecei a ver na pantalla personaxes e historias que formarían parte da miña propia vida.
P. E que supuxo o cine para a modernización de Galicia?
R. A miña investigación confirma que o cine producido en Galicia durante o primeiro terzo do século XX serviu para mostrar o desenvolvemento industrial, social e cultural da rexión. A finais da década de 1970, no contexto do cine das distintas nacionalidades españolas, a produción galega involucrouse na protesta social a medida que se abrían novas vías de comunicación, ofrecendo novas propostas creativas características dun cine independente que tamén se aliñaba coas correntes nacionalistas.
P. Nun momento no que predominan as plataformas dixitais, como ve o futuro do cine e dos cineclubs?
R. O cinéfilo cambiou e a asistencia ás salas xa non é unha prioridade. Este cambio está a obrigar os creadores a adaptar as súas narrativas e historias para satisfacer esta demanda. En moitos casos, os espectadores xa non ven unha película na súa totalidade porque non conseguen manter a súa atención nela.
P. Despois de tantos anos investigando, que queda por contar do cinema galego?
R. Aínda queda moito por dicir. Coñecemos a punta visible do iceberg, mais hai moitas cuestións que requiren máis investigación, xa que os arquivos documentais conteñen información que abre o camiño a novos enfoques sobre a historia do cinema na nosa rexión.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nemesio Barxa
Há 90 anos nos roubarom a república
MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
SENDA 0011
El jefe que aprende a faltar