O estudoso do cine Emilio Carlos García Fernández, novo Veliano de Honra
FUNDACIÓN CARLOS VELO
O auditorio de Cartelle acolleu a entrega do Veliano de Honra 2026, entregado a Emilio Carlos García Fernández
O catedrático de Historia do Cinema Emilio Carlos García Fernández (Ribavadia, 1953) xa é novo Veliano de Honra, a distinción que a Fundación Carlos Velo concede dende o ano 2021, e que recoñece a súa extensa e meritoria traxectoria investigadora e docente no ámbito audiovisual. O acto de entrega do galardón, unha peza escultórica realizada polo recoñecido artista ourensán Acisclo Manzano, tivo lugar onte no auditorio de Outomuro, no concello de Cartelle.
O evento contou coa presentación inicial do alcalde anfitrión, Jaime Sousa, seguido pola intervención da presidenta da fundación, Carmen Leyte, e unha laudatio que pronunciou o crítico e escritor Miguel Anxo Fernández. Emilio Carlos García Fernández manifestou que recibir este recoñecemento supón unha “honra” ao vincular o seu nome ao do cinestasta Carlos Velo.
“Embaixador excepcional”
O presidente da Deputación, Luis Menor, cualificou ao historiador galego como un “embaixador excepcional” de Ourense. Durante a súa intervención, Menor definiu esta entrega como un “acto de xustiza coa nosa cultura”. Así mesmo, o mandatario loou o firme “sentimento ourensán” e o profundo “orgullo de pertenza” que García Fernández mantivo firme ao longo de toda a súa carreira profesional coa provincia. Ademais, Menor salientou o labor “diario, rigoroso e apaixonado” da Fundación Carlos Velo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUNDACIÓN CARLOS VELO
O estudoso do cine Emilio Carlos García Fernández, novo Veliano de Honra
RÁPIDA ACTUACIÓN
Susto en Cartelle al incendiarse un coche junto a una vivienda
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 6 de octubre
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos