Castrelo de Miño recibe a 200 expedicionarios da Ruta Quetzal
A igrexa de Santa María marca o inicio da Ruta Quetzal en Ourense
As pegadas de Urraca I de León levaron este xoves a 200 mozos expedicionarios ata Castrelo de Miño, unha das paradas galegas da Ruta Quetzal. O municipio convértese así na primeira parada do percorrido na provincia grazas a un lugar de interese histórico na zona: a igrexa de Santa María, en cuxa ábsida recibiu sepultura o rei de Galicia Sancho Ordóñez, primoxénito de Ordoño II.
“Es una experiencia iniciática, ilustrada y científica”, son as palabras coas que o seu impulsor, Iñigo de la Quadra-Salcedo, define o proxecto que da continuidade á iniciativa que comezou o seu pai –Miguel de la Quadra-Salcedo—na década dos 70. O programa reúne a adolescentes de toda España cos mellores expedientes académicos das súas respectivas comunidades para achegalos ao patrimonio e a historia dos lugares que visitan nunha viaxe que se alonga do 28 de xuño ata o 11 de xullo.
“Supone un antes y un después participar en la Ruta. Descubren que no necesitamos tanto como creemos y que podemos vivir igual de bien sin algunas de las comodidades del mundo moderno, como el teléfono móvil”, explicou o director.
Benvida a Castrelo
O grupo foi recibido no Concello tras a súa primeira visita á igrexa pola tarde. O alcalde da localidade, Avelino Pazos Pérez, mencionou que “foi unha satisfacción dar a coñecer o noso municipio a tantas persoas”, aínda que lamentou que a onda de calor da fin de semana obrigase a modificar o cronograma previsto, impedindo a visita ás adegas e ao Castro de Santa Lucía. Os participantes acamparon ás beiras do río e partiron a mañá deste sábado cara ao Monasterio de San Rosendo, en Celanova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último