FIESTAS DE NAVIDAD
Castrelo celebra su fiesta navideña con Papá Noel
PLAN COOPEROU
O Concello de Castrelo de Miño percibirá máis de 1,4 millóns de euros durante este mandato a través do Plan CooperOU e doutras axudas da Deputación de Ourense. Así o confirmaba o presidente da institución provincial durante a súa visita ao municipio, acompañado de membros da Corporación liderados polo alcalde, Avelino Pazos, co fin de coñecer directamente o resultado de diferentes obras e actuacións realizadas grazas ao Plan de Cooperación.
Por elo, visitaron as melloras realizadas na estrada provincial OU-304, unha das máis transitadas deste municipio e que este ano abordarán a súa terceira fase de actuación. O presidente provincial destacou que este vial xa ten comprometidas máis axudas da Deputación.
Luis Menor tamén coñeceu as obras na cuberta do anexo para vehículos situada ao lado do Concello. Esta actuación permite que os vehículos municipais non estean a intemperie; continuando o percorrido ata a nova depuradora do municipio, trala demolición da antiga.
Despois, o presidente provincial coñeceu, da man da veciñanza que os acompañou, o novo aspecto do centro social da Asociación Castro de Santa Lucía de Freás, grazas á subvención da Deputación de Ourense para mellorar as súas instalacións. “Os veciños poden desfrutar dun espazo para levar a cabo actividades culturais e de lecer”, sinalou, destacando o valor deste espazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El imperialismo contra el derecho
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La amistad en la política
MEDIO RURAL GALEGO
Firme aposta pola prevención cun 50% máis de orzamento en 2026