"MERCA NO TEU COMERCIO"
El comercio de Caldelas premia a sus clientes
MARIBEL OUTEIRIÑO
Castro de Caldelas volverá converterse este xoves nun punto de encontro da cultura galega coa celebración do 798 aniversario do Foro do Bo Burgo, considerado o documento máis antigo conservado escrito en lingua galega.
A cita terá lugar ás 19:00 horas na parroquia do Burgo e reunirá representantes do mundo da cultura, da comunicación, da música e das institucións nunha xornada cargada de simbolismo para a historia de Galicia.
O acto servirá para lembrar a importancia histórica deste texto legal outorgado no ano 1228 polo rei Afonso VIII de León, un documento que recollía os dereitos e obrigas dos habitantes da vila e que hoxe está considerado unha peza clave no nacemento administrativo da lingua galega.
Un dos momentos máis destacados da xornada será a entrega de distincións a diferentes personalidades e entidades vinculadas á cultura, á comunicación, á defensa do patrimonio e á sociedade galega.
Entre as homenaxeadas atópase a xornalista Maribel Outeiriño, que recibirá un dos recoñecementos desta edición pola súa traxectoria no ámbito da comunicación.
Os galardóns, deseñados polo artista Acisclo Manzano, tamén distinguirán nomes como o historiador Simon R. Doubleday, o debuxante e artista Siro López, a escritora Rosalía Morlán, o director de cinema Ignacio Vilar ou a cantante María do Ceo, entre outros.
A celebración contará ademais con presenza institucional, entre ela a do presidente do Parlamento de Galicia, o subdelegado do Goberno en Ourense e o director xeral de Patrimonio.
Con esta conmemoración, sinalan desde a organización do acto que Castro de Caldelas reafirma o seu compromiso coa defensa e difusión dun dos documentos máis importantes da historia de Galicia, nunha xornada que volverá unir memoria, lingua e cultura arredor do Foro do Bo Burgo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"MERCA NO TEU COMERCIO"
El comercio de Caldelas premia a sus clientes
NOITE DAS BANDERAS
Castro de Caldelas entre kilómetros de papel de seda
Lo último
Jacinto Seara
¿Realmente es un futuro negro para la humanidad?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 6 de octubre
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general